Torchwood
Torchwood | |
---|---|
Formato | Ciencia ficción |
Creado por | Russell T. Davies |
Intérpretes | John Barrowman Eve Myles Burn Gorman Naoko Mori Gareth David-Lloyd |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Produción | |
Duración | 50 min. por episodio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC Three - BBC Two (Reino Unido) |
Na rede | |
https://www.bbc.co.uk/programmes/b006m8ln | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Torchwood é unha serie de televisión británica que se emite no Reino Unido pola canle BBC Three. En España emítea a cadea Cuatro. Trátase dun spin-off do clásico de ciencia ficción Doctor Who.
Torchwood é unha axencia externa do goberno británico, creada pola Raíña Vitoria, que se encarga de buscar calquera fenómeno sobrenatural que ocorra no Reino Unido, estudalo e neutralizar as ameazas que nazan do mesmo. Como na cidade de Cardiff hai unha barreira dimensional que se estende cada día máis, unha das bases de Torchwood atópase alí. Dita base, denominada Torchwood Three, está situada (na serie) baixo a praza Roald Dahl Plass, na baía de Cardiff, onde tamén se atopa o Millenium Center, un edificio peculiar facilmente recoñecible nas tomas aéreas da cidade que aparecen continuamente na serie. Torchwood Three consta de cinco membros, liderados polo enigmático Capitán Jack Harkness.
O nome de Torchwood é un anagrama de Doctor Who.
En Torchwood aparecen moitos temas LGBT, sobre todo a bisexualidade. Practicamente todos os personaxes tiveron algún encontro con alguén do mesmo sexo na primeira temporada. O creador da serie, Russell T. Davies, denomina ao Capitán Jack Harkness omnisexual, xa que mantén relacións con homes, mulleres, alieníxenas etc.