Top 14 2015-2016
Tipo | Top 14 |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | National Rugby League (en) |
Liga inferior | 2015–16 Rugby Pro D2 season (en) |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Francia Metropolitana (Francia) 46°N 2°L / 46, 2 |
País | Francia |
Período de tempo | tempada 2015-2016 |
Número de edición | 117 |
Competición | |
Primeiro posto | Racing 92 |
Datos estatísticos | |
Partidos | 187 |
Outro | |
Páxina web oficial | lnr.fr |
A tempada 2015-2016 do Top 14 é a 117ª edición da primeira división da liga francesa de rugby, campionato fundado no ano 1892. A fase de liga comezou o 22 de agosto de 2014 e rematará o 23 de maio de 2016. Esta fase será continuada polo playoff, que por primeira ocasión rematará fóra de Francia. A final será 24 de xuño de 2016 no Camp Nou de Barcelona. Este evento moverase do seu tradicional lugar (o Stade de France de Saint-Denis) polo conflito coa Eurocopa de Fútbol Francia 2016. O defensor do título é o Stade Français.
Equipos
[editar | editar a fonte]Na competición participaron 14 equipos: os 12 mellor posicionados do Top 14 2014-2015 e os 2 ascendidos da segunda división, o SU Agen e o Section Paloise, que ocuparon as prazas que deixaran baleiras o Lyon OU e o Atlantique Stade Rochelais ao descenderen no ano anterior.
Equipo | Cidade (Departamento) | Estadio | Capacidade | Tempada pasada |
---|---|---|---|---|
Agen | Agen (Lot e Garona) | Stade Armandie | 14.000 | 4º (Pro D2) |
Bordeaux Bègles | Bordeos (Gironda) | Stade Chaban-Delmas (Bordeos) Stade André Moga (Bègles) |
34.700 10.000 |
7º |
Brive | Brive-la-Gaillarde (Corrèze) | Stade Amédée-Domenech | 16.000 | 10º |
Castres Olympique | Castres (Tarn) | Stade Pierre-Antoine | 11.500 | 12º |
Clermont Auvergne | Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme) | Parc des Sports Marcel Michelin | 18.000 | 2º (F) |
Grenoble | Grenoble (Isère) | Stade des Alpes | 20.000 | 11º |
La Rochelle | La Rochelle (Charente Marítimo) | Stade Marcel-Deflandre | 15.000 | 9º |
Montpellier | Montpellier (Hérault) | Altrad Stadium | 14.700 | 8º |
Oyonnax | Oyonnax (Ain) | Stade Charles-Mathon | 11.400 | 6 (CF) |
Pau | Pau (Pireneos Atlánticos) | Stade du Hameau | 13.819 | 1º (Pro D2) |
Racing Métro 92 | Colombes (Hauts-de-Seine) | Stade Olympique Yves-du-Manoir | 14.000 | 5º (CF) |
Stade Français | París | Stade Jean-Bouin | 11.400 | 4º (C) |
Toulon | Toulon (Var) | Stade Mayol | 15.400 | 1º (SF) |
Formato da competición
[editar | editar a fonte]O torneo está composto por 14 equipos, e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronte ós outros 13 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Cada equipo xoga un total 26 partidos.
O sistema de puntuación é o seguinte:
- 4 puntos pola vitoria.
- 2 puntos polo empate.
- 0 puntos pola derrota.
- 1 punto por anotar 3 ensaios ou máis que o rival.
- 1 punto por perder por 5 ou menos puntos.
Liga regular
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | PF | PC | DP | BO | BD | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | ASM Clermont | 88 | 26 | 18 | 1 | 7 | 735 | 431 | 304 | 10 | 4 | ||||
2º | RC Toulon | 82 | 26 | 16 | 0 | 10 | 764 | 446 | 318 | 11 | 7 | ||||
3º | Montpellier HR | 81 | 26 | 18 | 0 | 8 | 723 | 569 | 154 | 7 | 2 | ||||
4º | Racing 92 | 81 | 26 | 18 | 1 | 7 | 614 | 522 | 92 | 5 | 2 | ||||
5º | Stade Toulousain | 79 | 26 | 16 | 2 | 8 | 680 | 393 | 287 | 7 | 4 | ||||
6º | Castres Olympique | 71 | 26 | 15 | 0 | 11 | 650 | 496 | 154 | 6 | 5 | ||||
7º | Union Bordeaux Bègles | 67 | 26 | 14 | 2 | 10 | 552 | 503 | 49 | 3 | 4 | ||||
8º | CA Brive | 62 | 26 | 13 | 1 | 12 | 540 | 544 | -4 | 4 | 4 | ||||
9º | Stade Rochelais | 54 | 26 | 11 | 0 | 15 | 553 | 656 | –103 | 4 | 6 | ||||
10º | FC Grenoble | 47 | 26 | 10 | 0 | 16 | 605 | 779 | -174 | 4 | 3 | ||||
11º | Section Paloise | 46 | 26 | 10 | 1 | 15 | 420 | 675 | -255 | 1 | 5 | ||||
12º | Stade Français | 41 | 26 | 9 | 0 | 17 | 543 | 631 | -88 | 2 | 3 | ||||
13º | SU Agen | 26 | 26 | 5 | 0 | 21 | 531 | 846 | -315 | 1 | 5 | ||||
14º | Oyonnax Rugby | 24 | 26 | 5 | 0 | 21 | 429 | 847 | -418 | 2 | 2 | ||||
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios máis que o seu rival nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 5 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>> En verde os equipos clasificados para as semifinais e para a Champions Cup 2016/17 (1º e 2º). |
Fase final
[editar | editar a fonte]O seis mellores equipos da liga regular acadaron o dereito a loitar polo título nesta fase final. Os dous primeiros equipos da táboa pasaron a semifinais, mentres os catro seguintes tiveron que disputar unha eliminatoria previa de cuartos de final. Os encontros de cuartos de final xogáronse nos campos dos equipos terceiro e cuarto da táboa, mentres que as semifinais e a final tiveron lugar en estadios neutrais. O estadio elixido para as dúas semifinais foi o Roazhon Park de Rennes (Bretaña), e a final disputouse por primeira vez na historia fora do territorio francés, no Camp Nou de Barcelona.
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
11 de xuño; Stade Ives-du-Manoir, Colombes | 17 de xuño; Roazhon Park, Rennes | 24 de xuño; Camp Nou, Barcelona | ||||||||
[1º] ASM Clermont | 33 | |||||||||
[4º] Racing 92 | 21 | |||||||||
[4º] Racing 92 | 34 | |||||||||
[5º] Stade Toulousain | 16 | |||||||||
18 de xuño; Roazhon Park, Rennes | Racing 92 | 26 | ||||||||
12 de xuño; Altrad Stadium, Montpellier | ||||||||||
RC Toulon | 21 | |||||||||
[3º] Montpellier HR | 28 | |||||||||
[3º] Montpellier HR | 18 | |||||||||
[6º] Castres Olympique | 9 | |||||||||
[2º] RC Toulon | 27 | |||||||||