Tonino Delli Colli
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Antonio Delli Colli 20 de novembro de 1923 Roma, Italia |
Morte | 16 de agosto de 2005 (81 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Actividade | |
Ocupación | director de fotografía, cámara |
Período de actividade | 1943 - |
Premios | |
|
Tonino Delli Colli, nado en Roma o 20 de novembro de 1923 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 2005, foi un director de fotografía italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Delli Colli naceu en Roma o 20 de novembro de 1923, e comenzou a súa carreira cinematográfica en 1938 no estudo Cinecittà, aos 16 anos de idade.[1] Os seus primeiros traballos consistiron en ser asistente de camarógrafo.[2] A mediados dos anos 1940 xa traballaba como director de fotografía, e en 1952 colaborou na primeira película italiana en cor, Totò a colori.[3] Ao longo da súa carreira traballou con diversos e recoñecidos directores de cine, incluíndo Sergio Leone (O bo, o feo e o malo, Ata que chegou a súa hora e Once Upon a Time in America (en italiano C'era una volta in America, en galego Érase unha vez en América), Roman Polanski (A morte e a doncela e Bitter Moon), Louis Malle (Lacombe Lucien), Jean-Jacques Annaud (O nome da rosa), Federico Fellini (Ginger e Fred, Intervista e La voce della luna) e Luis García Berlanga (El verdugo).
Traballou ademais co director Pier Paolo Pasolini, participando en doce das súas películas, como Accattone (1961), Mamma Roma (1962), O evanxeo segundo San Mateo (1964), Il Decamerón (1971), Os contos de Canterbury (1972) e Salò o le 120 giornate di Sodoma (1976).
O seu último filme foi La vita è bella (1997) de Roberto Benigni, pola que obtivo o seu cuarto premio David de Donatello na categoría de mellor fotografía. En 2005 foi recoñecido pola American Society of Cinematographers cun premio á traxectoria. Tonino Delli Colli faleceu en agosto dese mesmo ano debido a un ataque cardíaco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Heuring, David; Gallotti, Giouse (marzo de 2005). "A Lifetime Through the Lens". American Cinematographer (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2024.
- ↑ Wingfield, Brian (21 de agosto de 2005). "Tonino Delli Colli, Prolific Cinematographer, Dies at 81". The New York Times (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ Lane, John Francis (26 de agosto de 2005). "Obituary: Tonino Delli Colli". The Guardian (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2024.