Toni Gabarre
Toni Gabarre | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio Gabarre Ballarín | ||
Nacemento | 26 de maio de 1990 | ||
Lugar de nacemento | Huesca | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Dianteiro centro | ||
Información de club | |||
Club actual | Teruel | ||
Número | 18 | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2014 | Almudévar | 40 | (31) |
2014–2015 | Deportivo Aragón | 16 | (2) |
2015 | Alcoyano | 9 | (0) |
2015–2017 | Ebro | 69 | (18) |
2017–2018 | Llagostera | 38 | (6) |
2018–2019 | Tudelano | 36 | (15) |
2019–2020 | Atlético Baleares | 30 | (15) |
2020–2021 | Numancia | 23 | (3) |
2021–2022 | Sabadell | 12 | (0) |
2022 | Alcoyano | 18 | (2) |
2022–2023 | Calahorra | 21 | (1) |
2023 | San Fernando | 16 | (2) |
2023– | Teruel | 8 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 21 de outubro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Antonio Gabarre Ballarín, coñecido como Toni Gabarre, nado en Huesca o 26 de maio de 1990, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Teruel, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Destacou no AD Almudévar, equipo que era filial do Huesca, e co conxunto de Almudévar foi o máximo goleador da Terceira División na tempada 2013/14, anotando 31 goles en 40 partidos.[1][2] Os seus rexistros valéronlle a súa fichaxe en 2014 polo Deportivo Aragón, filial do Real Zaragoza,[2] equipo co que xogou na Segunda División B, marcando 2 goles en 16 partidos. No mercado invernal puxo rumbo ao Alcoyano, onde militou na segunda metade da tempada 2014/15.[3]
Tralo seu breve paso polo club de Alcoi, chegou libre en 2015 ao CD Ebro.[4] No conxunto aragonés xogou 71 partidos durante dúas tempadas e acumulou 18 goles, contribuíndo a que o equipo lograse a permanencia na Segunda B.
Na campaña 2017/18 xogou na UE Llagostera,[5] onde foi titular indiscutible, disputando 38 partidos e conseguindo 6 goles, aínda que foi insuficiente para salvar o equipo do descenso. A continuación fichou polo Tudelano, club que conseguiu a permanencia en boa parte grazas aos seus 15 goles.[6] Repetiu cifra goleadora na tempada seguinte, desta vez vestindo a camiseta do Atlético Baleares,[7][8] e proclamouse campión do Grupo I de Segunda B, pero sen poder conseguir o ascenso. Foi o segundo máximo anotador do seu grupo, só por detrás de Rufo, do Internacional de Madrid.
En setembro de 2020 asinou polo Numancia, co que disputou a súa sétima tempada consecutiva na Segunda División B.[9] Xogou 25 partidos, nos que marcou 3 goles. Tras ese ano en Soria, o 1 de agosto de 2021 asinou polo Sabadell para competir na nova Primeira División RFEF.[10] En xaneiro de 2022, despois de só dúas titularidades, rescindiu o seu contrato co conxunto arlequinado e días despois confirmouse a súa volta ao Alcoyano.[11][12] Na súa segunda etapa no club, volveu aos onces iniciais e marcou dous goles. Na tempada 2022/23 xogou no Calahorra e no San Fernando,[13][14] antes de fichar no verán de 2023 polo Teruel.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Díaz, Rafa (15 de outubro de 2013). "Toni Gabarre, el señor del gol". Diario del Alto Aragón (en castelán). p. 24. Consultado o 21 de outubro de 2023.[Ligazón morta]
- ↑ 2,0 2,1 "El Real Zaragoza B ficha a Gabarre y a Rami, del Almudévar" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "EL CD ALCOYANO FICHA A CUATRO NUEVOS JUGADORES PARA CONSEGUIR EL OBJETIVO" (en castelán). 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "El oscense Toni Gabarre regresa a Aragón para jugar en el Ebro" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Gabarre cambia el CD Ebro por la Llagostera". Marca (en castelán). 27 de xullo de 2017. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "El año 2019 del CD Tudelano: un año de idas y venidas" (en castelán). 28 de decembro de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Gabarre, un nuevo goleador para el Atlético Baleares" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Gabarre, con etiqueta de gol" (en castelán). 15 de outubro de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Gabarre ya es numantino" (en castelán). 17 de setembro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Gabarre, nou davanter arlequinat" (en catalán). 21 de outubro de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Acuerdo entre el CE Sabadell y Toni Gabarre para la desvinculación del jugador" (en castelán). 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ Linares, Vicente (15 de xaneiro de 2022). "El Alcoyano ficha a Toni Gabarre, un viejo conocido de la afición" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Gabarre, un delantero centro para el CD Calahorra" (en castelán). 11 de agosto de 2022. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Gabarre, un tiburón para el ataque azulino" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Gabarre apuntala la delantera del Club Deportivo Teruel" (en castelán). 25 de xullo de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- Nados en 1990
- Nados en Huesca
- Futbolistas de Aragón
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Zaragoza B
- Xogadores do CD Alcoyano
- Xogadores do UE Llagostera
- Xogadores do CD Atlético Baleares
- Xogadores do CD Numancia
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do CD Calahorra
- Xogadores do San Fernando CD
- Xogadores do CD Teruel