Tom Morello
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Thomas Baptist Morello 30 de maio de 1964 (60 anos) Harlem, Estados Unidos de América |
Outros nomes | The Nightwatchman |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade Harvard (–1986) Libertyville High School (en) (–1982) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor, sindicalista, intérprete de banxo, actor, cantautor, músico, mandolinista |
Período de actividade | 1979 - |
Xénero artístico | Metal alternativo, funk metal, hard rock, heavy metal tradicional (pt) , rap metal, Nu metal, Hardcore punk, crossover, folk e música dance electrónica |
Influencias | |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Sony BMG Epic Records Interscope Records |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | tommorello.com |
|
Thomas Baptiste "Tom" Morello, nado en Harlem (Nova York) o 30 de maio de 1964, é un guitarrista estadounidense, coñecido polo seu traballo nas bandas Audioslave e Rage Against the Machine. Actúa tamén en solitario baixo o pseudónimo de The Nightwatchman e recentemente creou un novo proxecto chamado Street Sweeper Social Club. Tom é tamén o cofundador (xunto con Serj Tankian) da organización activista política sen ánimo de lucro Axis of Justice. Destaca polo seu uso de efectos de guitarra, os seus innovadores solos de guitarra, o seu uso do tapping, e os seus pesados riffs. Foi elixido pola Rolling Stone como o 26 mellor guitarrista de todos os tempos[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa nai, Mary Morello, é fundadora de Parents For Rock And Rap, un grupo anticensura. Foi tamén mestra na Libertyville High School. O seu pai, Ngethe Njoroge, foi membro da guerrilla Mau Mau. O tío-avó de Morello, Jomo Kenyatta, foi o primeiro presidente electo de Kenya.
Morello medrou en Libertyville, Illinois. Alí ía á Libertyville High School, onde cantaba no coro e estaba no club de debate e de teatro.
Ao redor de 1980, Morello comezou a estudar guitarra en serio. Formou unha banda en 1980 chamada Electric Sheep, co futuro guitarrista de Tool Adam Jones tocando o baixo.
Nese tempo os gustos musicais de Morello dirixíanse cara ao heavy metal, sobre todo cara KISS, Alice Cooper, Led Zeppelin e Black Sabbath. Posteriormente a súa música foi influenciada por bandas de punk rock como The Clash, Sex Pistols e Devo.
Morello graduouse en secundaria en 1982 e comezou a asistir á Universidade Harvard. Alí graduaríase en 1986 en ciencias políticas. Despois da gaduación trasladaríase aos Ánxeles e comezou a buscar xente para formar unha banda.
Lock Up
[editar | editar a fonte]En 1988 Morello uniuse a Lock Up, unha banda de glam rock que editou un álbum a través da Geffen Records antes de separarse. Esta gravación chamouse Something Bitchin' This Way Comes e non tivo demasiado éxito.
Rage Against the Machine
[editar | editar a fonte]Morello visitou un club nos Ánxeles onde Zack de la Rocha estaba cantando. Despois de ver as letras de la Rocha, Tom preguntoulle se quería líderar unha banda. Morello conseguiu a Brad Wilk, un batería que fora ás audicións de Lock Up, e de la Rocha presentou aos dous ao seu amigo Tim Commerford. Os catro formaron unha nova banda, Rage Against the Machine.
A banda tivo un grande éxito, especialmente en Norteamérica e Europa. O seu primeiro álbum, Rage Against the Machine, destaca polas innovadoras guitarras de Morello así como pola súa orixinalidade, ao ser un dos primeiros discos en combinar rock e hip-hop.
Catro anos máis tarde, en 1996, e despois de rumores de ruptura, a banda editou o seu segundo traballo, Evil Empire. O disco escapa das tradicionais guitarras de metal do álbum anterior; é máis experimental e amosa a habilidade de Morello para usar a súa guitarra de formas estrañas.
En 1999 a banda edita The Battle of Los Angeles, o seu traballo máis exitoso comercialmente. A finais do ano 2000 editan un novo traballo, titulado Renegades. Pouco despois do seu lanzamento de la Rocha deixa a banda, e os tres membros restantes deciden que queren seguir facendo música xuntos.
O 29 de abril do 2007, a banda reuniuse para o Coachella Music Festival. Nun principio só pensaban tocar nesa ocasión, pero a banda posteriormente tocou en varios eventos máis. En xaneiro do 2008 Rage reuníse novamente para xirar co Big Day Out Music Festival en Australia e Nova Zelandia. Realizaron tamén tres concertos no Xapón no mes de febreiro, e entre os meses de maio e agosto realizarán 11 actuacións en Europa. Serán cabeza de cartel do Lollapalooza 2008 en Grant Park, Chicago xunto con Radiohead e Nine Inch Nails a principios do mes de agosto.
Audioslave
[editar | editar a fonte]Despois de que de la Rocha deixase Rage Against the Machine, os membros restantes comezaron a tocar co antigo vocalista de Soundgarden Chris Cornell por recomendación do produtor Rick Rubin. O novo grupo chamouse inicialmente The Civilian Project, pero cambiaron o seu nome a Audioslave antes de editar o seu primeiro álbum.
A banda editou o seu promeiro álbum, Audioslave, o 22 de novembro do 2002, sendo un éxito comercial e de crítica.
Audioslave editou o seu segundo álbum, Out of Exile, o 24 de maio do 2005, estreándose no número 1 das listas da Billboard. Ese mesmo ano editaron un DVD documentando a súa viaxe a Cuba como primeira banda de rock que tocaba no país. O terceiro álbum, Revelations, lanzouse en outono do 2006. No mes de febreiro do 2007 a banda separábase como resultado da saída de Chris Cornell debido a conflitos persoais. Os restantes membros reuníronse con Zack de la Rocha para resucitar a Rage Against the Machine.
Street Sweeper Social Club
[editar | editar a fonte]Despois da separación de Audioslave no 2007 Morello reuniuse con Boots Riley de The Coup, e despois de pasarlle unha cinta con varios temas que compuxera formaron o dúo Street Sweeper Social Club. Street Sweeper Social Club actuaron de abreconcertos para Nine Inch Nails e Jane's Addiction en maio do ano 2009.
Outros proxectos e colaboracións
[editar | editar a fonte]Morello forma parte do grupo Prophets of Rage, un supergrupo estadounidense formado en 2016.[2] O grupo componse do baixista e vocalista Tim Commerford, o guitarrista Tom Morello e o batería Brad Wilk da banda Rage Against the Machine, cos integrantes de Public Enemy, Chuck D e DJ Lord e de Cypress Hill B-Real.
- Morello colaborou coa banda británica Bring Me the Horizon na canción "Let's Get the Party Started".
- O 15 de outubro de 2021 lanzoiu o seu disco colaborativo The Atlas Underground Fire, que inclúe cancións propias do guitarrista e versións con convidados de luxo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 100 Greater guitarrist of all time - Rolling Stone
- ↑ "Tom Morello se une con Bring Me The Horizon para su nueva canción "Let's Get The Party Started" │Garaje del Rock". Garaje del Rock (en castelán). 2021-09-24. Consultado o 2021-12-13.
- ↑ "Tom Morello publicará su disco colaborativo en octubre". MondoSonoro (en castelán). 2021-09-27. Consultado o 2021-12-13.