Todo sobre Eva
Todo sobre Eva | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | All About Eve |
Director | Joseph L. Mankiewicz |
Guión | Joseph L. Mankiewicz |
Baseado en | The Wisdom of Eve, de Mary Orr |
Intérpretes | Bette Davis Anne Baxter George Sanders Celeste Holm |
Música | Alfred Newman |
Fotografía | Milton R. Krasner |
Montaxe | Barbara McLean |
Estrea | 13 de outubro de 1950 |
Duración | 138 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $1 400 000[2][3] |
Recadación | $8 400 000[4] |
Na rede | |
Todo sobre Eva (en inglés, All About Eve) é un filme do director Joseph L. Mankiewicz que conta a historia dunha recoñecida mais madura actriz de Broadway, Margo Channing, e a ambiciosa fan Eve Harrington.
Protagonizado por Bette Davis e Anne Baxter tamén lle deu a Marilyn Monroe un dos seus primeiros papeis de importancia.
Emitiuse en galego na TVG o 5 de maio de 2000.[5]
Argumento
[editar | editar a fonte]Nunha entrega de premios, Eve Harrington recibe o premio Sarah Siddons pola súa interpretación en Footsteps on the Ceiling. O crítico teatral Addison DeWitt observa o momento e cunha sarcástica voz en off conta o ascenso de Eve como actriz teatral.
Un ano antes Margo Channing é unha das maiores estrelas do teatro de Broadway, mais acaba de cumprir corenta anos e sabe que supón iso para a súa carreira. Tras unha función, Karen Richards, amiga íntima de Margo, coñece a súa fan Eve Harrington na porta do teatro. Karen lévaa a coñecer a Margo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Bette Davis como Margo Channing
- Anne Baxter como Eve Harrington
- George Sanders como Addison DeWitt
- Celeste Holm como Karen Richards
- Gary Merrill como Bill Sampson
- Hugh Marlowe como Lloyd Richards
- Thelma Ritter como Birdie
- Gregory Ratoff como Max Fabian
- Marilyn Monroe como Miss Casswell
- Barbara Bates como Phoebe
Produción
[editar | editar a fonte]O argumento de Todo sobre Eva procede dunha anécdota que a actriz Elisabeth Bergner contou a Mary Orr e que esta converteu nun relato breve.
Mankiewicz buscaba unha historia sobre unha actriz que estaba a envellecer e tras ler "The Wisdom of Eve", informou a Darryl F. Zanuck que podía combinar as dúas historias, suxerindo a Susan Hayward como protagonista.
Finalmente Hayward foi descartada por Zanuck por ser "demasiado nova", Marlene Dietrich, por ser "demasiado alemá", e Gertrude Lawrence, porque o seu avogado insistiu en que non podía beber nin fumar no filme e que había que modificar o guión para que cantase unha canción.[6] Zanuck pensou en Barbara Stanwyck, mais non estaba dispoñible. Tamén foron consideradas Tallulah Bankhead, Ingrid Bergman e Joan Crawford,[7] que xa estaba traballando en The Damned Don't Cry.
O papel foi finalmente para Claudette Colbert, mais sufriu unha lesión grave no lombo e tivo que abandonar ao pouco tempo de comezar a rodaxe. Finalmente foi escollida Bette Davis,[6] que aceptou inmediatamente. Tras contratar a Davis, Mankiewicz revisou o guión para converter a Margo nunha persoa máis abrasiva.
Anne Baxter, que gañara o Oscar á mellor actriz secundaria en 1946 conseguiu o papel de Eve Harrington despois de que a escollida, Jeanne Crain, quedase embarazada.
Crítica e premios
[editar | editar a fonte]Todo sobre Eva recibiu críticas positivas desde a súa estrea en Nova York o 13 de outubro de 1950.[8][9] O seu gran competidor ese ano foi o filme de Billy Wilder Sunset Boulevard.
Na 23ª edición dos Oscar, Todo sobre Eva conseguiu catorce candidaturas, récord que igualou Titanic corenta e sete anos máis tarde.[10] Gañou os premios ao mellor filme, director, actor secundario, guión, vestiario e son. Ademais continúa a ser (no 2022) o único filme con catro actrices candidatas ao Óscar.
Gañou tamén o Globo de Ouro ao mellor guión e o BAFTA ao mellor filme. No Festival de Cannes gañou o Gran Premio do Xurado e o premio á mellor actriz para Bette Davis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ALL ABOUT EVE (A)". British Board of Film Classification. 2 de outubro de 1950. Consultado o 6 de decembro de 2014.
- ↑ Solomon, Aubrey (1989). Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History. Lanham, Maryland: Scarecrow Press, p. 245, ISBN 978-0-8108-4244-1.
- ↑ Rudy Behlmer, Behind the Scenes, Samuel French, 1990 p 208
- ↑ "Box Office Information for All About Eve". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ "Televisión". ABC. 29 de abril de 2000. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 TCM "Notes" on TCM.com
- ↑ "Legendaryjoancrawford.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ Crowther, Bosley. "Movie Review - All About Eve" New York Times (14 de outubro de 1950)
- ↑ Ebert, Roger "All About Eve (1950)" Arquivado 09 de xullo de 2007 en Wayback Machine. Chicago Sun-Times (11 de xuño de 2000)
- ↑ Na 89ª edición dos Oscar, tamén igualou o récord o filme La La Land.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Todo sobre Eva |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Todo sobre Eva na IMDb (en inglés).
- Guión en Internet Movie Script Database
- All About Eve en Filmsite.org
- Información sobre All About Eve
- All About Eve en Lux Radio Theater: 1 de outubro de 1951
- All About Eve en Theater Guild on the Air: 16 de novembro de 1952
- Filmes de 1950
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Joseph L. Mankiewicz
- Filmes rodados en Connecticut
- Filmes baseados en feitos reais
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1950 con versión en galego