Saltar ao contido

Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros
Autor/aXoana Pintos Barral
OrixeGalicia
Linguagalego
ColecciónFeminismos
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.30 de maio de 2021
Formato135 x 210. Rústica con lapelas, tapa branca (edición de peto)
Páxinas180
ISBNISBN 978-84-9151-624-8
editar datos en Wikidata ]

Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago é un ensaio da doutora en Bioloxía, investigadora en estudos de xénero e actriz galega Xoana Pintos Barral publicado en 2021 no marco da colección Feminismos editado pola Editorial Galaxia.

Este traballo ten coma orixe a súa tese de doutoramento As mulleres nos estudos experimentais da Universidade de Santiago : 1910-1960,[1][2] e no libro fala dalgunhas destas primeiras científicas (Eugenia Pereira, Paz Parada, Olimpia Valencia, Elisa Díaz, Inmaculada Paz Andrade...), os atrancos que padeceron e os seus éxitos. Segundo a autora ″Precísanse referentes para a xente nova. Como vas querer ser como elas se non sabes que existiron?″[3]

  1. Pérez Pena, Marcos (2018-02-13). "As 85 científicas pioneiras da USC que abriron o camiño". Praza Pública. Consultado o 2021-06-28. 
  2. Rey, Manuel (2018-03-06). "Xoana Pintos: "As científicas de comezos do século XX tiñan que estar feitas dunha pasta especial"". GCiencia. Consultado o 2021-06-28. 
  3. Liste, Ana G. (1/6/2021). "″Precísanse referentes para a xente nova. Como vas querer ser como elas se non sabes que existiron?″". Praza Pública. Consultado o 28/6/2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]