Time-lapse
Aparencia
Un time-lapse ou Time-Lapse é unha técnica fotográfica que consiste na captación de imaxes fixas a intervalos regulares e a súa posterior reprodución a unha velocidade superior á que foron tomadas. Esta técnica crea unha ilusión de imaxes aceleradas, permitindo observar procesos longos en períodos de tempo reducidos.
Realización
[editar | editar a fonte]Hai varios métodos para a realización de vídeos ou filmes coa técnica Time-Lapse, entre os que están:
- Gravación e aceleración — Gravar unha secuencia cunha vídeo cámara, para posteriormente acelerar o filme en calquera programa de edición de vídeo.
- Captación de imaxes — Outro xeito é a captación de imaxes a determinados intervalos de tempo. Tirando unha fotografía cada certo tempo, e unindo esas imaxes obtemos unha secuencia co efecto de aceleración característico do time-lapse.
Usos
[editar | editar a fonte]- Científico — Utilízase para observar procesos longos desde outra perspectiva, como en botánica, astronomía, meteoroloxía ou xeoloxía, entre outros. Por exemplo, a técnica pode mostrar o crecemento de plantas, o movemento de nubes ou a evolución de fenómenos astronómicos.[1]
- Artístico — O time-lapse tamén se usa para crear efectos visuais en cine e vídeo, mostrando a dinámica de procesos naturais ou de ambientes urbanos, para expresar conceptos narrativos etc.
- Documental — É común no xénero documental para mostrar cambios en paisaxes, procesos naturais ou eventos históricos ao longo do tempo, proporcionando unha perspectiva visual que permite ao espectador apreciar a evolución de eventos que ocorren demasiado lentamente para seren captados en tempo real.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [email protected]. "ALMA Time-lapse Video Compilation Released". www.eso.org (en inglés). Consultado o 2024-08-23.
- ↑ "How Time-Lapse Photography Can Improve Your Documentary Filmmaking". Documentary Magazine (en inglés). Consultado o 2024-08-23.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Time-lapse |