Saltar ao contido

Tim Flannery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTim Flannery

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Melbourne, Australia Editar o valor en Wikidata
Director de museo South Australian Museum (en) Traducir
1999 – 2006 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade La Trobe (pt) Traducir
Universidade de Monash
Universidade de Nova Gales do Sul (pt) Traducir
Anaheim High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo, explorador, naturalista, ecoloxista, paleontólogo, zoólogo, activista climático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade La Trobe (pt) Traducir, adjunct professor (en) Traducir (2015–2018)
Universidade de Adelaide (pt) Traducir
Universidade Macquarie (pt) Traducir
Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaFlannery Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAlexandra Szalay Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webtimflannery.com.au Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1532728

Timothy Fridtjof Flannery, coñecido xeralmente como Tim Flannery, nado o 28 de xaneiro de 1956 en Melbourne, é un zoólogo especializado en terioloxía e paleontólogo australiano, e ademais militante ecoloxista, especialmente coñecido pola súa loita contra o cambio climático.

Os seus traballos céntranse no estudo dos mamíferos, a paleontoloxía, a ecoloxía e o desenvolvemento sustentábel.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1981 obtivo un mestrado en Ciencias da Terra na Universidade de Monash e, en 1984 un doutoramento na Universidade de Nova Gales do Sur polos seus traballos sobre a evolución dos macropódidos.

Flannery ocupou diversos postos universitarios durante toda a súa carreira, entre eles os de profesor da Universidade de Adelaida, director do South Australian Museum de Adelaida, investigador científico principal do Australian Museum, profesor asociado na cátedra de estudos sobre Australia na Universidade Harvard, e profesor da Universidade Macquarie (Sydney, Nova Gales do Sur). É o autor de numerosos artigos científicos.

Foi nomeado australiano do ano en 2007. Foi elixido en 2012 Fellow da Academia Australiana de Ciencias.[1]

Así mesmo, é conselleiro sobre asuntos medioambientais do Parlamento Federal Australiano, conselleiro do Consello para o futuro do mundo e presidente do Copenhagen Climate Council (Consello de Copenhaguen sobre o clima), organización internacional de sensibilización do cambio climático. Os seus controvertidos puntos de vista sobre o peche a medio prazo das centrais térmicas de carbón aparecen a miúdo nos medios de comunicación.

Ademais, Flannery editou e prologou:

Xornalismo

[editar | editar a fonte]
  • "We're Living on Corn!" The New York Review of Books 54/11 (28 de xuño de 2007): 26–28 [recensións de Michael Pollan, The Omnivore's Dilemma: A Natural History of Four Meals e Bill McKibben, Deep Economy: The Wealth of Communities and the Durable Future].
  • "The Third Wave", The Monthly, abril 2009, sobre a extincción de animais australianos.
  • "Comment", The Monthly, maio de 2009, sobre as emisións de dióxido de carbono.
  • "Goodbye to All That" The Monthly, xuño de 2009, recensión The Vanishing Face of Gaia de James Lovelock.