Thymallus arcticus
Thymallus arcticus | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Thymallus arcticus, lámina no libro The Fishes of Alaska (1907) | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Thymallus arcticus (Pallas, 1776) | |||||||||||||||||||||||||||||
Variedades | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Thymallus arcticus é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos timalinos e do seu único xénero, Thymallus.[2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1776 polo médico, zoólogo e botánico alemán, que traballou en Rusia, Peter Simon Pallas, baixo o nome de Salmo arcticus,[2][3] de espécimes rcolllidos en Rusia, na súa obra Miscellanea zoologica, quibus novæ imprimis atque obscuræ animalum species describuntur et observationibus iconibusque illustrantur.
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver timalinos.
O epíteto específico, arcticus, alude á súa área de distribución.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Coregonus signifer Richardson, 1823
- Coregonus thymalloides Richardson, 1823
- Salmo arcticus Pallas, 1776 (protónimo)
- Thymallus arcticus arcticus (Pallas, 1776)
- Thymallus montanus Milner, 1874
- Thymallus signifer (Richardson, 1823)
- Thymallus tricolor Cope, 1865
- Coregonus signifer Richardson, 1823
- Coregonus thymalloides Richardson, 1823
- Salmo arcticus Pallas, 1776
- Salmo signifer (Richardson, 1823)
- Salmo spec Pallas, 1776
- Salmo thymalloides (Richardson, 1823)
- Thymallus arcticus arcticus
- Thymallus arcticus lenensis Weiss, Knizhin, Kirillov & Froufe, 2006
- Thymallus arcticus montanus Milner, 1874
- Thymallus arcticus signifer (Richardson, 1823)
- Thymallus articus (Pallas, 1776)
- Thymallus montanus Milner, 1874
- Thymallus signifer (Richardson, 1823)
- Thymallus signifer tricolor Cope, 1865
- Thymallus tricolor Cope, 1865
- Thymallus tricolor montanus Milner, 1874
- Thymalus ontariensis Valenciennes, 1848
Variedades
[editar | editar a fonte]Segundo o GIF recoñécense dúas variedades:[3]
- Thymallus arcticus var. arcticus (Pallas, 1776)
- Thymallus arcticus var. brevipinnis Svetovidov, 1931
Características
[editar | editar a fonte]Thymallus arcticus pode chegar a acadar unha lonxitude máxima rexistrada de 76 cm,[4] e un peso máximo rexistrado de 3,8 kg,[5] aínda que a maioría dos espécimes miden uns 34,3 cm.[6]
De aspecto típico dos timalinos, distínguese da súa especie similar Thymallus thymallus pola ausencia de espiñas dorsais e anais e pola presenza dun maior número de raios brandos nestas aletas. Presenta unha banda media lateral escura entre as aletas pectoral e pelviana e, nos flancos, pode ter unha iridiscencia rosada. Pode chegar aos 18 anos de idade.[7]
Destaca pola súa aleta dorsal moi grande, e pola súa pequena boca, que posúe dentes finos nas dúas mandíbulas.[8]
A aleta dorsal é moi grande nos adultos (especialmente nos machos), chegando á aleta adiposa cando está deprimida, pero é máis curta nas femias; as aletas pelvanas son bastante longas, e chegan até a aleta anal nos machos adultos, pero non nas femias; o lóbulo inferior da aleta caudal a miúdo é máis é longo que o superior.[8]
É un peixe de cores sorprendentes, a rexión dorsal é de cor vermalla escura, ou azul, variando de negra a gris azulada, e os lados de gris a azul escura con iridiscencias rosadas, a ventral oscila de gris a branca.[9]
Presenta manchas escuras espalladas nos flancos, sendo estas máis numerosas nas crías, e unha franxa lonxitudinal escura ao longo dos flancos entre as aletas pectoral e pelviana; a aleta dorsal é escura, cun bordo estreito vermello (con fileiras de manchas de avermelladas a laranxas ou de violeta a verde no corpo da aleta); as aletas pelvianas son escuras, con franxas diagonais irregulares de cor amarela laranxa.[8]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]É un peixe dulciacuícola, bentopeláxico, que habita en ríos e lagos a profundidades de até uns 30 m.[4]
Distribución
[editar | editar a fonte]Propio das rexións circumpolares do norte desde os 71° N e os 44° N,[10] encóntrase en América do Norte desde a baía de Hudson, o Canadá até Alasca e na conca do Pacífico até o centro de Alberta e a Columbia Británica no Canadá, e no curso superior do río Missouri en Montana, Estados Unidos. Antigamente tamén se encontraba na conca dos Grandes Lagos, en Míchigan.[4] Es Asia, na conca do océano Ártico en Siberia desde o río Obi até o Ieneisei e, en Europa nalgúns afluentes dos ríos Pechora e outros.[11]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Habita en augas abertas de ríos e lagos claros, de tamaño de mediano a grande, de augas frías, con altas concentracións de oxíxeno, adentrándose en regatos rochosos para desovar.[4][11]
Forma cardumes dun número moderado de individuos.[12] Os xuvenís aliméntanse de zooplancto, cun cambio gradual a insectos inmaturos; os adultos aliméntanse principalmente de insectos da superficie, pero tamén comen peixes, ovos de peixes, lemmings e crustáceos planctónicos.[9]
Desova en regatos montanos con fortes correntes e con fondo rochoso e de gravas[11]
Ciclo vital e comportamento de apareamento
[editar | editar a fonte]Os adultos reprodutores trasládanse aos afluentes e os machos establecen territorios. Durante a desova, o macho segue a unha femia, cortexándoa mostrásndolle a súa aleta dorsal. A continuación, o macho sitúase ao lado da femia e curva a súa aleta dorsal estendida sobre a femia. A parella vibra e libera ovos. Non se constrúe ningún niño, pero as vibracións das colas durante o acto de desova revolven o substrato e producen unha lixeira depresión.[13][14][15][16] Unha femia pode desovar só unha vez ou varias veces en diferentes áreas.[9] Despois da desova, os adultos establécense en territorios estivais en zonas xeralmente máis afastadas, augas arriba do lugar da desova, a maioría desprazándose río abaixo a mediados de setembro.[10].
Usos
[editar | editar a fonte]Consómese fresco, e pódese fritir, asar e cocer.[12]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é unha especie moi estendida sen que se coñezan grandes ameazas xeneralizadas, e que a súa poboación está a aumentar o a medida que aumenta a calidade da auga, debido ao declive das industrias e cidades en Rusia desde o colapso da Unión Soviética, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008): Thymallus arcticus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 10 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Thymallus arcticus (Pallas, 1776) no WoRMS. Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Thymallus arcticus (Pallas, 1776) no GBIF. Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Page, L. M. & B. M. Burr (2014): A field guide to freshwater fishes of North America north of Mexico. Volume 1. Baltimore, Maryland: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-1201-6.
- ↑ IGFA (2001): Database of IGFA angling records until 2001. Fort Lauderdale, USA: IGFA (Asociación Internacional de Pesca Deportiva).
- ↑ Hugg, D. O. (1996): MAPFISH georeferenced mapping database. Freshwater and estuarine fishes of North America. Life Science Software. Turkey Point Road, Edgewater, Maryland, USA.
- ↑ DeCicco, A. L.; M. F. Merritt & A. E. Bingham (1997): "Characteristics of a lightly exploited population of Arctic grayling in the Sinuk River, Seward Peninsula, Alaska". En J. B. Reynolds, ed. Fish Ecology in Arctic North America. American Fisheries Society Symposium 19, 19-21 May 1992, Fairbanks, Alasca, USA. ISBN 978-0-9132-3596-6, pp. 229-239.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Morrow, J. E. (1980): The freshwater fishes of Alaska. Vancouver, Canadá: University of B.C. Animal Resources Ecology Library. ISBN 978-0-8824-0134-8.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Scott, W. B. and E. J. Crossman, (1973): Freshwater fishes of Canada. Fisheries Research Board of Canada. Saint Andrews, Novo Brunswick, Canadá. ISBN 978-0-6601-0239-9.
- ↑ 10,0 10,1 FishBase Arquivado 10 de marzo de 2022 en Wayback Machine..
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Kottelat & Freyhof 2007.
- ↑ 12,0 12,1 Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Fishing News Books. Osney Mead, Oxford, Inglaterra. ISBN 978-0-8523-8213-4.
- ↑ Reed, R. J. (1964): "Life history and migration patterns of Arctic grayling, Thymallus arcticus (Pallas), in the Tanana River drainage of Alaska". Alaska Dept. Fish Game Res. Rept. 2: 1-30.
- ↑ Laird, J. A. (1928): "Grayling in the east". Trans. Am. Fish. Soc. 58: 167-169.
- ↑ Kruse, T. E. (1959): "Grayling of Grebe Lake, Yellowstone National Park". Wyoming. Fish. Bull. U.S. Fish Wildl. Serv. 59 (149): 307-351.
- ↑ Bishop, F. G. (1971): "Observations on spawning habits and fecundity of the Arctic grayling". Prog. Fish-Cult. 33 (1): 12-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2012): "Thymallus arcticus" en FishBase. Versión febreiro de 2012.
- FWS (2004): (30 de novembro de 2004): "U.S. Fish and Wildlife Service Species Assessment and Listing Priority Assignment Form for fluvial Arctic grayling (distinct population segment of the Upper Missouri River), commonly called Montana Arctic grayling".
- Kottelat, M. (2006): Fishes of Mongolia. A checklist of the fishes known to occur in Mongolian with comments on systematics and nomenclature. Environment and Social Development Sector, East Asia and Pacific Region, The World Bank, Washington DC. ISBN 978-0-9402-2847-4.
- Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4.
- McClane, A. J. (1988): McClane's New Standard Fishing Encyclopedia and International Angling Guide. New York: Gramercy (Random House). ISBN 978-0-5172-0336-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- EcoRover blog about Big Hole River grayling
- Pat Munday's rating of Big Hole Watershed Committee effectiveness in Big Hole River grayling restoration
- Length and age at maturity of Arctic grayling in the Snake River during 2003 / by Alfred L. DeCicco and Andrew D. Gryska. Hosted by Alaska State Publications Program.
- Summer abundance of Arctic grayling in the Chena River, 2005 by Klaus G Wuttig; Steven M Stroka; Alaska. Division of Sport Fish.; Alaska. Division of Commercial Fisheries. Hosted by Alaska State Publications Program.