Saltar ao contido

Tilacínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Thylacinidae»)
Tilacínidos
Thylacinidae

Rango fósil: oligoceno - actualidade

Tigre de Tasmania (Thylacinus cynocephalus),
no zoo de Hobart, fotografado en 1928
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Dasyuromorphia
Familia: Thylacinidae
Bonaparte 1838
Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos tilacínidos (Thylacinidae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos, unha das tres recoñecidas dentro da orde dos dasiuromorfos,[1][2] actualmete extinta. Eran marsupiais carnívoros que viviron en Australia.

Apareceron no oligoceno superior, e foron os primeiros en diferenciarse de todos os dasiuromorfos. A perda da hexemonía dos tilacínidos tivo lugar durante o mioceno tardío, coincidindo coa gran diversificación dos dasiúridos (Dasyuridae), aparecidos durante o mioceno medio.

Só unha especie desta familia, o lobo marsupial ou tigre de Tasmania (Thylacinus cynocephalus) sobreviviu até tempos históricos, declarándose extinto no ano 1936. As outras especies coñecidas de tilacínidos desapareceron no plistoceno.

O lobo marsupial foi o maior carnívoro marsupial, e superficialmente era moi parecido a un cánido, trátandose dun caso rechamante de converxencia adaptativa, xa que un detido exame das súas características morfolóxicas revela un gran número de diferenzas cos verdadeiros lobos placentarios.

As orellas son máis arredondadas e a boca é moito máis ampla, chegando case de orella a orella; tamén son distintivas as de 13 a 17 raias cebradas da parte porsterior do tronco deste aniumal. Pero quizais o aspecto máis distintivo sexan os seus cuartos traseiros e a cola: o tronco, en lugar de terminar abruptamente, como nos cánidos, faino paulatinamente, de forma semellante á dos canguros; e a cola, moi potente na súa base, é comprimida lateralmente, e moi ríxida; as patas traseiras teñen tamén un aspecto diferencial, xa que o tarso é proporcionalmente máis curto que nos cánidos.[3]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1838 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte, na revista Nuovi Ann. Sci. Nat., 2 (1): 112.[4]

Algúns autores, como Vaughan (1978), inclúen as especies desta familia na dos dasiúridos, pero moitos outros, como Ride (1964), Archer e Kirsch (1977) e Kirsch e Calaby (1977) manteñen vixente a familia.[4]

Xéneros e especies

[editar | editar a fonte]

Familia †Thylacinidae

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Dasyuromorphia no SIIT.
  2. Dasyuromorphia en MSW.
  3. Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "El mayor carnívoro marsupial viviente", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 165-168. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.
  4. 4,0 4,1 Thylacinidae en MSW.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]