Thuggee
Thuggee ou tuggee (hindi: ठग्गी ṭhaggī'; urdú: ٹھگ; sánscrito: 'sthaga'; sindhi: ٺوڳي، ٺڳ; kanarés: ಠಕ್ಕ thakka') refírese ós actos dunha sociedade secreta da India que se adicaba profesionalmente ó roubo e ó asasinato. Os thugs viaxaron en grupos a través do subcontinente indio durante seis séculos.[1] Malia que eles sinalaron a súa orixe en sete tribos musulmás, os hindús semellan estar asociados a eles nun período máis antigo. Foron mencionados por vez primeira por Ẓiyā-ud-Dīn Baranī en Historia de Fīrūz Shāh, datado do ano 1356.[2] Durante a década de 1830, os thugs foron sinalados para a súa erradicación polo Gobernador Xeral da India, William Bentinck e o seu capitán, William Henry Sleeman. Os thugs foron aparentemente destruídos polos seus esforzos.[1][3]
Para tomar vantaxe das súas vítimas, os thugs uníanse ós viaxeiros e gañaban a súa confianza. Isto permitíalles sorprender e esganar ós viaxeiros cun pano ou cunha soga. Despois roubábanos e enterraban as súas vítimas. Esta forma de actuar fixo que fosen chamados Phansigar ("que usan unha soga"), un termo máis común no sur da India.[4] A verba "Thuggee" deriva do hindi ठग, que significa "mentirán".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Tracing India's cult of Thugs". 3 August 2003. Los Angeles Times.
- ↑ http://www.britannica.com/EBchecked/topic/863263/thug
- ↑ Rodrigues, Hilary (9 de xuño de 2010). "The Thuggee cullt". Mahavidya.ca (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 04 de novembro de 2016.[Verificar credibilidade]
- ↑ R.V. Russell; R.B.H. Lai (1995). Asian Educational Services, ed. The tribes and castes of the central provinces of India. p. 559. ISBN 978-81-206-0833-7. Consultado o 19 de abril de 2011.
- ↑ Thugs 1902 Encyclopædia Britannica'.Pali-sthag
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thuggee |