Thomas Spencer Cobbold
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1828 Ipswich, Suffolk, Inglaterra |
Morte | 20 de marzo de 1886 Londres |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
País de nacionalidade | británica |
Educación | Universidade de Edimburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeoloxía, medicina, Parasitoloxía e zooloxía |
Ocupación | médico, botánico, docente, zoólogo (helmintólogo, parasitólogo), xeólogo, |
Empregador | St Mary's Hospital, London Middlesex Hospital British Museum Royal Veterinary College |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Richard Cobbold |
Premios | |
Membro da Royal Society | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Obálky knih, Medvik >>>:Cobbold, Thomas, 1828-1886, |
Lista
|
Thomas Spencer Cobbold, nado o 26 de maio de 1828 en Ipswich, condado de Suffolk, Inglaterra, e finado o 20 de marzo de 1886 en Londres, foi un científico, médico e parasitólogo británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Thomas S. Cobbold neceu en Ipswich, e era o terceiro fillo do reverendo Richard Cobbold.[1]
Despois de graduarse en medicina na Universidade de Edimburgo en 1851, foi nomeado profesor de botánica no St Mary's Hospital de Londres (en 1857), e tamén de zooloxía e anatomía comparada no Hospital de Middlesex (en 1861).[1] Foi elixido membro da Royal Society en xuño de 1864.[2]
Desde 1868 traballou como lector de xeoloxía no Museo Británico até 1873, cando pasou a ser profesor de botánica no Royal Veterinary College (adscrito á Universidade de Londres), ocupando despois unha cátedra de helmintoloxía, que foi creada especialmente para el, nesa institución.[1] Foi presidente do Quekett Microscopical Club (unha sociedade erudita para a promoción da microscopía)[3], de 1879 a 1880. Morreu en Londres o 20 de marzo de 1886.
O seu tema primordial foi a helmintoloxía, particularmente o estudo dos vermes parasitos do home e dos animais e, como médico, gañou unha gran reputación no diagnóstico de casos que dependían da presenza de tales organismos.[1][4]
Obras
[editar | editar a fonte]Entre os seus numerosos escritos cómpre destacar:
- Entozoa; an introduction to the study of Helminthology, with reference more particularly to the internal parasites of man, 1864.
- Entozoa, a supplement to the last work, 1869.
- The Grouse Disease, 1873.
- The Internal Parasites of our Domesticated Animals, 1873.
- Parasites, 1879.
- Tapeworms, 1866; 4ª ed.n, 1883.
- Worms, 1872.
- Human Parasites, 1882.
- Parasites of Meat and Prepared Flesh Food, 1884.
- Our Food-producing Ruminants and the Parasites which reside in them, Cantor Lectures, 1871.
- Catalogue of the Specimens of Entozoa in the Museum of the Royal College of Surgeons of England, 1866.[4]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Cobbold emprégase para recoñecer a Thomas Spencer Cobbold como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Chisholm 1911, p. 147.
- ↑ "Library and Archive Catalogue". Royal Society. Consultado o 22 de xaneiro 2021.[Ligazón morta]
- ↑ The Quekett Microscopical Club.
- ↑ 4,0 4,1 Bettany 1887, p. 147.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Spencer Cobbold |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Thomas Spencer Cobbold |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Cobbold, Thomas Spencer". Encyclopædia Britannica. 6 (11ª ed.). Cambridge University Press.
- Bettany, George Thomas (1887): "Cobbold, Thomas Spencer". En Stephen, Leslie (ed.) Dictionary of National Biography 11. Londres: Smith, Elder & Co.