Saltar ao contido

Thomas Francis Meagher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Francis Meagher

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1823 Editar o valor en Wikidata
Waterford - Port Láirge, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1867 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Fort Benton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, afogamento Editar o valor en Wikidata
Governor of Montana Territory (en) Traducir
setembro de 1865 – 3 de outubro de 1866
← Sidney EdgertonGreen Clay Smith ⊟ Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónStonyhurst College (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoConfederación Irlandesa Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército da União (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarmaior xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra civil estadounidense Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
PaiThomas Meagher Editar o valor en Wikidata
Condenado porSedición (1848) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Meagher, Thomas Francis)
Dictionary of National Biography
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Meagher-158 Find a Grave: 33674691 Editar o valor en Wikidata

Thomas Francis Meagher, nado en Waterford, Irlanda, o 3 de agosto de 1823 e finado no río Missouri, Estados Unidos, o 1 de xullo de 1867, foi un político nacionalista irlandés líder de Irlanda Nova durante a Rebelión de 1848. Combateu co grao de Brigadier na Guerra Civil Estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 6 anos marchou estudar a Inglaterra volvendo a Irlanda en 1843. Acabou integrándose na Repeal Association, que traballaba no rexeitamento da Acta de Unión de 1800. Por diferenzas co líder da asociación, Daniel O’Connell, Meagher e outros membros novos da asociación, coñecidos como a Irlanda Nova, abandonárona e fundaron a Confederación Irlandesa.

Xunto con William Smith O'Brien marchou a Francia para estudar os movementos revolucionarios franceses de 1848 regresando a Irlanda co deseño da súa nova bandeira tricolor.

Tras a Rebelión protagonizada en 1848, Meagher foi condenado a morte, pero a sentenza foi conmutada debido á presión internacional e á opinión pública polo desterro á Terra de Van Diemen, hoxe Tasmania. Alí casou e deseñou a súa fuxida aos Estados Unidos coa súa muller, que culminaría en 1852, ano no que chegou a Nova York.

Xa nos Estados Unidos, e co estoupido da Guerra Civil Estadounidense, Meagher apuntouse ao exército da Unión onde acadou o grao de Brigadier e liderou a Brigada Irlandesa, acadando notables éxitos militares. Tras a guerra foi nomeado gobernador de Montana. Falecería en 1867 afogado no río Missouri ao caer do barco de vapor no que viaxaba. O seu corpo nunca foi recuperado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]