Thomas Crapper
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1836 Thorne, Reino Unido (pt) |
Morte | 27 de xaneiro de 1910 (73 anos) Anerley, Reino Unido (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Hidráulica |
Ocupación | fontaneiro, inventor de patentes |
Familia | |
Fillos | Edith Crapper |
Thomas Crapper, nado en Waterside, Thorne, Yorkshire, Inglaterra, en setembro de 1838 e finado en xaneiro de 1910, foi fontaneiro e fundador de Thomas Crapper & Co. Ltd., en Londres. A pesar da lenda urbana, non foi Crapper o inventor do retrete (o mito é amais fomentado polo xogo de palabras do seu apelido). Crapper, non obstante, fixo moito por estender a popularidade de dito elemento sanitario e mesmo argallou algúns inventos relacionados. Obtivo público recoñecemento por mor da calidade dos seus produtos así como tamén recibiu parabéns institucionais.