Theo van Boven
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1934 (90 anos) Voorburg, Países Baixos (en) |
Cleveringa chair (en) | |
9 de xaneiro de 2001 – 31 de agosto de 2002 | |
United Nations Special Rapporteur on torture (en) | |
2001 – 2004 ← Nigel Rodley (pt) – Manfred Nowak ⊟ | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Leiden |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, xurista |
Empregador | Universidade de Leiden, Professor by special appointment (en) . Leiden Law School (en) (2001–2002) Universidade de Maastricht (pt) Universidade de Ámsterdam |
Obra | |
Doutorando | Fons Coomans (en) |
Cronoloxía | |
Het verleden is niet voorbij (en) | |
Premios | |
|
Theo van Boven, nado nos Países Baixos en 1934, é profesor de dereito internacional pola Universidade de Maastricht e, dende 2001, comisionado especial das Nacións Unidas contra a tortura. Así mesmo, foi director da división de Dereitos Humanos da ONU. En 1985 gañou o Premio Nobel Alternativo.
Informes sobre a tortura en España
[editar | editar a fonte]Os informes de Theo van Boven sobre a tortura en España son dous informes publicados polo comisionado especial da Organización das Nacións Unidas contra a tortura. Un deles ten carácter específico para España e outro un carácter máis xeral.
Theo van Boven foi enviado especial da ONU para España, debido á preocupación mostrada pola Organización ante a gran dicotomía que existía entre a posición manifestada polo goberno español e un abundante número de denuncias de tortura no país. Por este motivo, realizou unha visita a España do 5 ó 10 de outubro de 2003, durante a cal realizou varios viaxes a Euskadi e a Madrid. Conseguintemente, publicou un informe o 6 de febreiro de 2004. Expresou o seguinte no resumo do seu informe: que a tortura ou os malos tratos non son sistemáticos en España, pero que, na práctica, o sistema permite a ocorrencia de tortura ou malos tratos, en particular no caso de persoas detidas en réxime de incomunicación por actividades terroristas. Debido a isto último, deu varios consellos para conseguir que as autoridades conseguiran maior credibilidade.
Despois do 1 de setembro de 2004, fixo outro informe sobre tortura e malos tratos; este informe, a diferenza do anterior, non versaba só sobre España. Neste segundo informe, concluíu que a tortura non é práctica sistemática, pero que dábanse numerosos casos debido a que as medidas de seguridade non eran completamente eficentes.