The Trial of the Chicago 7
The Trial of the Chicago 7 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Trial of the Chicago 7 |
Director | Aaron Sorkin |
Produtor |
|
Guión | Aaron Sorkin |
Intérpretes | |
Música | Daniel Pemberton |
Fotografía | Phedon Papamichael |
Montaxe | Alan Baumgarten |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 25 de setembro de 2020 |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Histórico e drama legal |
Orzamento | 35 millóns de dólares[1] |
Recadación | 107 423 dólares[2][3] |
Na rede | |
https://www.netflix.com/it/title/81043755 | |
The Trial of the Chicago 7 é un filme estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Aaron Sorkin. Baseado en feitos reais, o filme conta a historia dos Chicago Seven, un grupo de activistas contra a guerra de Vietnam acusados de conspiración e de cruzar fronteiras estatais co obxectivo de incitar disturbios na Convención Demócrata de 1968 que se celebrou en Chicago. Está protagonizado por Yahya Abdul-Mateen II, Sacha Baron Cohen, Daniel Flaherty, Joseph Gordon-Levitt, Michael Keaton, Frank Langella, John Carroll Lynch, Eddie Redmayne, Noah Robbins, Mark Rylance, Alex Sharp e Jeremy Strong.
Sorkin escribiu orixinalmente o guión en 2007, coa intención de que Steven Spielberg dirixise o filme cun elenco de actores descoñecidos. Despois da folga de guionistas de 2007 e por mor de problemas orzamentarios, Spielberg abandonou o proxecto e o propio Sorkin foi anunciado como director en outubro de 2018. A maioría do elenco uniuse ao proxecto ese mesmo mes.[4] A rodaxe comezou no outono de 2019 en Chicago e nos arredores de Nova Jersey.
Orixinalmente, a súa distribución nos cinemas estaba xestionada por Paramount Pictures, mais os dereitos de distribución foron vendidos a Netflix por mor da pandemia por coronavirus. Estreouse nalgúns cinemas escollidos dos Estados Unidos o 25 de setembro de 2020, e dixitalmente en Netflix o 16 de outubro de 2020. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Os sete de Chicago
[editar | editar a fonte]- Sacha Baron Cohen como Abbie Hoffman
- Eddie Redmayne como Tom Hayden
- Alex Sharp como Rennie Davis
- Jeremy Strong como Jerry Rubin
- John Carroll Lynch como David Dellinger
- Noah Robbins como Lee Weiner
- Daniel Flaherty como John Froines
Outros papeis
[editar | editar a fonte]- Yahya Abdul-Mateen II como Bobby Seale
- Kelvin Harrison Jr. como Fred Hampton
- Mark Rylance como William Kunstler
- Ben Shenkman como Leonard Weinglass
- Joseph Gordon-Levitt como Richard Schultz
- J. C. MacKenzie como Tom Foran
- Frank Langella como Xuíz Julius Hoffman
- Michael Keaton como Ramsey Clark
- John Doman como John N. Mitchell
- Wayne Duvall como Paul DeLuca
- Caitlin FitzGerald como Daphne O'Connor
- Max Adler como Oficial Stan Wojohowski
- C. J. Wilson como Sarxento Scott Scibelli
- Alice Kremelberg como Bernardine
- Damian Young como Howard Ackerman
- Alan Metoskie como Allen Ginsberg
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Keegan, Rebecca (23 de setembro de 2020). "The Long Journey and Intense Urgency of Aaron Sorkin's 'The Trial of the Chicago 7'". The Hollywood Reporter. Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "The Trial of the Chicago 7 (2020)". Consultado o 17 de outubro de 2020.
- ↑ The Numbers (ed.). "The Trial of the Chicago 7 (2020) - Financial Information". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2020.
- ↑ Ansen, David (22 de xullo de 2020). "First Look at Aaron Sorkin’s The Trial of the Chicago 7". Vanity Fair. Consultado o 22 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sorkin, Aaron. The Trial of the Chicago 7: The Screenplay. Nova York: Simon & Schuster, 2020. ISBN 1982163240. OCLC 1148870502
- Editado por Mark L. Levine, George C. McNamee and Daniel Greenberg / Foreword by Aaron Sorkin. The Trial of the Chicago 7: The Official Transcript. Nova York: Simon & Schuster, 2020. ISBN 978-1982155094. OCLC 1162494002
- Editado cunha introdución de Jon Wiener. Conspiracy in the Streets: The Extraordinary Trial of the Chicago Seven. Por Tom Hayden e debuxos de Jules Feiffer. Nova York: The New Press, 2006. ISBN 978-1565848337
- Editado por Judy Clavir e John Spitzer. The Conspiracy Trial: The extended edited transcript of the trial of the Chicago Eight. Complete with motions, rulings, contempt citations, sentences and photographs. Introdución de William Kunstler e continuación de Leonard Weinglass. Indianápolis: Bobbs-Merrill Company, 1970. ISBN 0224005790. OCLC 16214206
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- The Trial of the Chicago 7 na IMDb (en inglés).
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)