The Prettiots
The Prettiots | |
---|---|
Orixe | Brooklyn, Nova York, |
Xénero(s) | indie rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Rough Trade Records |
Membros | Kay Kasperhauser Lulu Landolfi |
Antigos membros | Rachel Trachtenburg |
Na rede | |
theprettiots.com | |
The Prettiots é unha banda de mulleres de rock alternativo procedente de Brooklyn, Nova York. O grupo está composto no presente por Kay Kasperhauser e Lulu Landolfi. Rachel Trachtenburg foi a súa batería brevemente.[1][2] Tras realizar cinco concertos no festival SXSW en 2015, a banda foi loubada polos críticos da NPR Bob Boilen e Robin Hilton e fichou por Rough Trade Records.[3][4][5]
O seu primeiro álbum, Funs Cool, foi publicado en 2016 con recensións positivas dos críticos, que eloxiaron a contundente honestidade das súas letras, o prominente uso do ukelele na súa música, e a súa inventiva na reinterpretación doutras cancións (The Misfits, Dolly Parton).[6][7] Varios críticos destacaron que The Prettiots subverten os tropos e expectativas "cursis" que acompañan a unha banda independente de mulleres con ukelele.[8][9]
O sinxelo "Suicide Hotline" foi especialmente eloxiado polo seu huumor sardónico e a súa honesta discusión sobre a saúde mental. Katie Presley de NPR escribiu que a canción "presenta asombrosas ideas entre harmonías doces e divertidas e rasgueos de ukelele xoguetóns".[10]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Funs Cool | 2016 | Rough Trade Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Girl band Prettiots looks to hit it big with help from social media". ABC7 New York (en inglés). 2014-11-13. Consultado o 2020-01-04.
- ↑ "Lulu Landolfi | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-01-04.
- ↑ Coscarelli, Joe (2015-03-25). "SXSW Pays Off for the Prettiots". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-01-04.
- ↑ "SXSW 2015 Wrap-Up: Our Favorite Discoveries And Memorable Moments". NPR.org (en inglés). Consultado o 2020-01-04.
- ↑ Records, Rough Trade. "Rough Trade Records". Rough Trade Records. Consultado o 2020-01-04.
- ↑ umituesday (2016-02-09). "Review: The Prettiots – Funs Cool". Indie is not a genre (en inglés). Consultado o 2020-01-04.
- ↑ "The Prettiots: Funs Cool Review". pastemagazine.com (en inglés). 2016-01-29. Consultado o 2020-01-04.
- ↑ "How the Prettiots Made a ‘Pretty Angsty’ Album for a Pretty Angsty Place | The Village Voice". www.villagevoice.com. Consultado o 2020-01-04.
- ↑ Hann, Michael (2016-02-04). "The Prettiots: Funs Cool review – New York indiepop duo with darker depths". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-01-04.
- ↑ "Song Premiere: The Prettiots, 'Suicide Hotline'". NPR.org (en inglés). Consultado o 2020-01-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da banda Arquivado 13 de abril de 2018 en Wayback Machine.