Saltar ao contido

O mercador de Venecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Merchant of Venice»)

O mercador de Venecia
Primeira páxina da publicación de 1600.
Título orixinalThe Merchant of Venice
Autor/aWilliam Shakespeare
OrixeInglaterra
LinguaInglés
ColecciónClásicos en galego: 4
Xénero(s)Teatro
EditorialGalicia Consellería da Presidencia e Administración Pública
Data de pub.Galicia 1989
Páxinas401 páxinas
ISBN84-453-0075-X
TraduciónMiguel Pérez Romero
Na rede
IBDB: 6020 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O mercador de Venecia (en inglés: The Merchant of Venice) é unha obra de teatro do século XVI escrita por William Shakespeare. Conta a historia dun mercador veneciano (Antonio) que debe incumprir un préstamo concedido polo xudeu Shylock. Pénsase que puido ser escrito entre 1596 e 1599. Malia que inicialmente foi clasificada como unha comedia no First Folio e comparte certos trazos coas outras comedias románticas de Shakespeare, a obra é lembrada polas súas escenas dramáticas, e é recoñecida por Shylock e o seu famoso discurso "Hath not a Jew eyes?" sobre a humanidade. Tamén salienta o discurso de Portia sobre "the quality of mercy". O crítico Harold Bloom considerou a obra unha das grandes comedias de Shakespeare.[1]

Foi traducida ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública no ano 1989.[2] En 2024, Edicións Laiovento publicou unha versión revisada do mesmo autor.[3]

  1. Bloom, Harold, ed. (2009). William Shakespeare: Comedies. Infobase Publishing. p. 1. ISBN 1604136316. 
  2. O mercader de Venecia. Traducido por Miguel Pérez Romero (1ª ed.). Santiago de Compostela: Consellería da Presidencia e Administración Pública. 1989. ISBN 84-453-0075-X – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  3. "Edicións Laiovento - O MERCADOR DE VENECIA". laiovento.gal. Consultado o 2024-08-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]