Saltar ao contido

Os Herculoides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Herculoids»)

The Herculoids
FormatoAnimación
Creado porAlex Toth
Desenvolvido porHanna-Barbera
IntérpretesAnimación
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Episodios36, en dúas tempadas de 18 episodios cada unha
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
William Hanna
Joseph Barbera
Duración11 min
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS
Primeiro episodio9 de setembro de 1967
Derradeiro episodio6 de xaneiro de 1968
Na rede
http://spa.cartoonnetworkla.com/home.do?content=los-herculoides
IMDB: tt0061262 TV.com: shows/the-herculoids Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os Herculoides é unha serie de debuxos animados de ciencia ficción creada polo estudio Hanna-Barbera para a CBS que se comezou a emitir en 1967. En Galicia a TVG emitiuna en 1986.

A historia ten lugar nun planeta distante chamado Amzot. O nome do planeta, Amzot, menciónase por vez primeira nun dos episodios do Fantasma do Espazo, sendo ademais a primeira aparición dos personaxes na televisión; na propia serie, o nome menciónase por primeira vez no episodio 19: "As criaturas do tempo". Os Herculoides loitan xuntos para protexer o planeta Amzot dos invasores.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Humanoides

[editar | editar a fonte]
  • Zandor, protector do planeta Amzot;
  • Tara, muller de Zandor;
  • Dorno, fillo de Zandor e Tara.

As cinco criaturas nativas do planeta que aparecen nos Herculoides son:

  • Zok, o dragón alado, capaz de emitir raios cos ollos e coa cola. O único dos Herculoides capaz de voar polo espazo e respirar lume;
  • Igoo, un extremadamente forte e xigantesco gorila de pedra. A súa pel é moi dura. A pesar da súa aparencia e personalidade hostil, ten un cariño especial e moito afecto por Tara;
  • Tundro, unha mestura de rinoceronte con triceratops de dez patas. Tira pedras de enerxía explosivas co seu corno. A súa coiraza é tan resistente que o fai invulnerable. As súas pernas teñen a capacidade de se estarricar coma zancos;
  • Gloop e Gleep, dúas criaturas de materia elástica capaces de asumir tódalas formas que queiran. Tamén son capaces de se subdividir en unidades menores, todas con ollos e autonomía propia, e de se volver unir; Gloop é o maior dos dous. Os seus corpos extremadamente elásticos e flexibles son capaces de desviar e mesmo reflectir raios e absorber enerxía.

Continuación

[editar | editar a fonte]

A serie tivo continuación dentro do espazo Space Stars, creado por Hanna-Barbera para a NBC no ano 1981, en 11 episodios de 6 minutos de duración cada un.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]