Saltar ao contido

The Heliocentrics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Heliocentrics
Tipogrupo musical
Na rede
Facebook: The-Heliocentrics-186361737458324 MySpace: heliocentrics Bandcamp: theheliocentrics Last fm: The Heliocentrics Musicbrainz: f221328f-bc6b-40f1-a750-ce11a1321489 Songkick: 1023209 Discogs: 576683 Allmusic: mn0000643937 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Heliocentrics son unha banda londiniense do xénero do nu jazz. A banda mestura jazz co funk. O conxunto está composto por 8 músicos liderados polo batería, compositor e arranxador Malcolm Catto. O grupo colabora asiduamente co vibrafonista Mulatu Astatke.

Características

[editar | editar a fonte]

Lanzaron o seu debut en 2007 titulado Out There e no seu segundo álbum en 2009 colaboraron co músico etíope Mulatu Astatke. Autodefínense como un colectivo de gravación e produción que mestura jazz xunto co hip hop, funk, música de biblioteca e electrónica.

The Heliocentrics contribuíron con temas a varios DJ's no Reino Unido no coñecido pola prensa especializada como renacemento intercultural do jazz do sur de Londres. En 2016 recrutaron a vocalista, bailarina e actriz eslovaca Barbara Patkova. En febreiro de 2020 lanzaron o seu novo disco, titulado Infinity of Now.[1].

Membros actuais

  • Malcom Catto, batería
  • Jake Benjamin Ferguson, baixista
  • Sylvia Hallett, viola, órgano de boca
  • Jack Yglesias, frautista
  • Daniel Smith, guitarra
  • Jason Yarde, saxofón
  • Raven Bush, violín
  • Barbara Patkova, vocalista
  1. "The Heliocentrics". therosiegspot. (en inglés). 18-7-2020. Consultado o 26-11-2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]