Saltar ao contido

The Ballad of Darren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Ballad of Darren
Álbum de Blur
Publicado21 de xullo de 2023
Gravaciónxaneiro - maio de 2023
Estudio(s)Studio 13, London & Devon
Duración36:04
Xénero(s)rock alternativo, indie rock, baroque pop, lounge pop
Selo(s)Parlophone, Warner Records
ProdutorJames Ford
Cronoloxía
The Magic Whip
(2015)
The Ballad of Darren -
Na rede
Spotify: 3DQnGjOrmXmGeShaBGz7SF Discogs: 3172911 Allmusic: mw0004003933 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Ballad of Darren é o noveno álbum de estudio da banda inglesa de rock Blur, publicado o 21 de xullo de 2023 a través dos selos Parlophone e Warner Records. Os temas do disco foron escritos polo líder Damon Albarn en 2022 mentres estaba de xira con Gorillaz, e posteriormente compostos por Albarn e o resto da banda. Foi producido por James Ford no Studio 13 en Londres e Devon. É o primeiro álbum de Blur dende The Magic Whip (2015), e tamén é o seu álbum máis curto, cunha duración por debaixo dos 40 minutos. A portada é unha fotografía de 2004 dun home nadando só na Gourock Outdoor Pool en Gourock, Escocia, tomada por Martin Parr. O seu título refírese a Darren "Smoggy" Evans, o gardacostas da banda dende hai moito tempo.[1]

The Ballad of Darren publicouse con recensións positivas. Converteuse no sétimo álbum consecutivo da banda en chegar ao número un no Reino Unido.[2] Tamén foi número un nas listas de Bélxica, Irlanda, Escocia e Suíza, e foi o primeiro disco da banda en entrar no Top 10 da lista estadounidense Top Album Sales, chegando ao número 8. O álbum foi promocionado polos sinxelos "The Narcissist", "St. Charles Square" e "Barbaric", así como por unha xira mundial.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Damon Albarn, Graham Coxon, Alex James e Dave Rowntree.. 

N.º Título Duración
1. "The Ballad"   3:37
2. "St. Charles Square"   3:55
3. "Barbaric"   4:09
4. "Russian Strings"   3:38
5. "The Everglades (For Leonard)"   2:56
6. "The Narcissist"   4:05
7. "Goodbye Albert"   4:17
8. "Far Away Island"   2:58
9. "Avalon"   3:05
10. "The Heights"   3:24
36:04
Temas extra do CD de luxo
N.º Título Duración
11. "The Rabbi"   2:44
12. "The Swan"   3:42
Tema extra no Xapón[3]
N.º Título Duración
13. "Sticks and Stones"   3:24
  1. Empire, Kitty (2023-07-22). "Blur: The Ballad of Darren review – mature melancholia spiked with adventure". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-03-09. 
  2. "Blur". officialcharts.com. Consultado o 9 de marzo de 2024. 
  3. "Warner Music Japan – Blur / ブラー「The Ballad of Darren / ザ・バラード・オブ・ダーレン」" (en xaponés). Consultado o 9 de marzo de 2024.