Saltar ao contido

Thalasseus bernsteini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thalasseus bernsteini

Thalasseus bernsteini.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Sternidae
Xénero: Thalasseus
Especie: T. bernsteini
Nome binomial
Thalasseus bernsteini
(Schlegel, 1863)
Sinonimia

Sterna bernsteini Schlegel, 1863

O Thalasseus bernsteini, é unha especie de ave mariña da familia dos estérnidos, do xénero Thalasseus.

Especie ameazada

[editar | editar a fonte]

Thalasseus bernsteini é unha especie ameazada, atópase ó bordo da súa extinción. En 2007, estimouse que a especie extinguiríase en cinco anos se as autoridades non a protexían. BirdLife International de Cambridge, Inglaterra, declarou que unha investigación de expertos chineses estimou a poboación en 50 exemplares, a metade da poboación de 2004. Un equipo de investigación chinés liderado por Chen Shuihua declarou que a especie estaba "ó bordo da extinción".[2]

Está ameazado pola colección ilegal de ovos, os tifóns e a pertutbación das colonias por parte dos pescadores. Tamén está ameazada pola hibridación coa especie Thalasseus bergii.[3]

  1. BirdLife International (2017). Unión Internacional para a Conservación da Natureza, ed. "Thalasseus bernsteini". Lista Vermella da IUCN 2017: e.T22694585A118862671. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  2. "Chinese seabird on verge of extinction". Tehran Times (en inglés). 2007-09-23. Consultado o 2022-03-01. 
  3. Yang, J.; Chen, G.; Yuan, L.; Huang, Q.; Fan, Z.; Lu, Y.; Lui, Y.; Chen, S. (2018). "Genetic evidence of hybridization of the world's most endangered tern, the Chinese Crested Tern Thalasseus bernsteini". Ibis 160 (4): 900–906. doi:10.1111/ibi.12616. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]