Saltar ao contido

Teudis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeudis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 480 Editar o valor en Wikidata
Mortexuño de 548 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
531 – 548
← AmalaricoTeudiselo ⊟ Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1528497

Teudis, nado cara o 480 e finado no ano 548, foi un rei visigodo de Hispania cuxo mandato se estendeu do ano 531 ao 548. Amais, foi o antigo comandante de Teodorico o Grande. Accedeu ao poder tras a morte de Amalarico. Trasladou a capital visigoda de Narbona a Barcelona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 541 tivo que enfrontarse aos francos, ao mando de Clotario e Childeberto, que penetraron por Pamplona ata Zaragoza, a cal cercaron durante corenta e nove días. Tras defendela conseguiu derrotalos e facelos fuxir por onde entraron, onde ademais o seu xeneral Teudiselo lles provocou grandes baixas. Pola contra, en 542 non conseguiu defender Ceuta (ocupada en 533) dos Bizantinos, que os atacaron por terra e mar.

En 546 ditou unha lei en Toledo sobre costas procesuais, que ordenou incorporar nunha sección correspondente ao Código Teodosiano, recollida polo Breviario de Alarico, que demostraría a aplicación deste último texto na Hispania visigoda.

En 548 morre asasinado no seu palacio barcelonés por un godo que simulou estar tolo. Outras versións, sitúan o seu asasinato no seu palacio de Sevilla, e realizado por un soldado da garda, implicado nunha conxura nobiliaria, finxíndose tolo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Amalarico
 Rei dos visigodos 
531-548
Sucesor:
Teudiselo