Teru
(2014) | |
Nome orixinal | (ja) TERU |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de xuño de 1971 (53 anos) Hakodate, Xapón |
Educación | Hokkaido Hakodate Commercial High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista |
Período de actividade | 1988 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Pony Canyon (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Ami Onuki (2002–) |
Fillos | kobashiri |
Teru (小橋 照彦, Kobashi Teruhiko, nado o 8 de xuño de 1971 en Hakodate, Hokkaido, Xapón) é o vocalista da banda de rock xaponés chamada Glay. Ten unha amizade moi estreita cos seus compañeiros de banda Takuro e Hisashi. Casou coa cantante Ami Onuki do grupo de J-pop Puffy en abril de 2002, que deu a luz á súa filla en marzo de 2003. El ten outros dous fillos, un neno e unha nena, dun matrimonio anterior.
Ademais de cantar, Teru é tamén un artista. El deseña algún dos produtos de Glay e algunhas campañas non relacionadas co grupo. Tamén traballou como narrador da película animada "Highway Jenny", en 2006. Cando era neno, adoitaba xogar ao fútbol e o béisbol e cría que podería converterse nun atleta. Con todo, na súa adolescencia interesouse pola música e comezou a tocar a batería.
Teru participou en varias campañas humanitarias como a White Band e o Red Ribbon Live. En 2007 e 2008 Teru protagonizou unha campaña para a sensibilización sobre o VIH onde o mesmo facíase un test da enfermidade. Teru presenta un programa de radio, "Teru Me Night Glay", en Bay FM.
Músicas e letras compostas por Teru
[editar | editar a fonte]- ACID HEAD (do single "Zutto futari de…" - letra xunto a Takuro; música de Takuro)
- Hello my life (do single "Winter, again" - letra xunto a Takuro; música de Takuro)
- Shuumatsu no Baby Talk (do álbum "BEAT out!" - música e letra)
- Little Lovebirds (do single "Yuuwaku" - música e letra)
- Rock Icon (do single "Mermaid" - letra xunto a Takuro; música de Takuro)
- Super Ball 425 (do single "STAY TUNED" - letra; música de Takuro)
- BACK UP (do single "STAY TUNED" - música e letra)
- BLAST (do álbum "THE FRUSTRATED" - música e letra)
- I Will~ (do álbum "LOVE IS BEAUTIFUL" - música e letra)
Participacións especiais en traballos doutros artistas
[editar | editar a fonte]- Música "Zero Landmine", con outros cantantes participantes do proxecto "No More Landmine"
- Música "Fuyuu no Etorage" de Misia (álbum "Singer for Singer")
- Música "Love Clover", da cantante Miho Nakayama
- Música "Ango", de Yukinojo Mori (álbum "Poetic Evolution")
- Música "Migratory Bird" da banda taiwanesa Mayday
- Música "Say Something" de Kyosuke Himuro (álbum "In The Mood")
- Música "umare kuru kodomotachino tameni", con Kazumaza Oda e Miliya Kato
- Música "Still Love", do rapeiro xaponés MCU.
- Música "Teen Titans Go!" de Puffy, onde aparece cun solo de guitarra