Termas da Chavasqueira
As termas da Chavasqueira son unha área de augas termais situada en Ourense, na marxe do río Miño. Hai dous recintos, un no ámbito privado e outro no público.
Tipos de termas
[editar | editar a fonte]As privadas ofrecen tratamentos de relaxación e de tratamentos de beleza. Tamén se pode gozar dun circuíto termal, piscinas termais ao aire libre, saunas etc. As súas augas presentan unha variedade de temperaturas. As de máis de 60 °C son bicarbonatadas, sulfuradas, sódicas, fluoradas e de mineralización media, apreciadas para tratamentos de reuma, artrite e curas antiestrés. Tamén son boas para despois dunha actividade física importante. As termas de uso gratuíto, son as primeiras que se acondicionaron na cidade para uso e gozo da poboación. A temperatura das súas augas son de entre 43 e 63 °C. Recoméndanse, como as privadas, para tratamentos e actividades físicas. O ambiente das pozas da Chavasqueira está formado por céspede, onde a xente aproveita para tomar o sol no verán.
Accesos
[editar | editar a fonte]Están preto do parque dos bombeiros da cidade e da ponte do Milenio. Tamén se pode ir no autobús número 26 e no tren turístico da cidade, que ten saída na Praza Maior e no Parque de San Lázaro.
Historia
[editar | editar a fonte]Antigamente o lugar coñecíase como Caldas do Bispo, en referencia ao Cardeal Quevedo,[Cómpre referencia] que decidiu no século XIX acondicionalas para maior comodidade dos enfermos que acudían a atopar unha cura.
As piscinas atópanse nunha gran zona de céspede e contan con vestiarios, aseos e portelos.
Xunto á beira do río, xa na auga, asómase a escultura dunha serea, obra do escultor Acisclo Manzano. Dependendo do caudal ás veces pode verse e outras non.
En abril de 2019 as instalacións foron destruídas por un incendio[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un incendio calcina as termas da Chavasqueira en Ourense". Sermos Galiza. 24 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2019. Consultado o 24 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Termas da Chavasqueira, na páxina web Termas de Ourense.
- Termas da Chavasqueira, na páxina web Turismo de Ourense.