Teotl
Teotl (náhuatl: teōtl) é un termo en lingua náhuatl para referirse ao sacro ou divino. En ocasións, foi traducido como "deus". Para os aztecas, o teotl era unha omnipresencia metafísica na que se baseaba a súa filosofía.
Concepto
[editar | editar a fonte]Segundo James Maffie, teotl "é, esencialmente, poder: continuamente activo, actualizado, enerxía en movemento...como un río que flúe".Maffie201423-1">[1] Neste sentido, o teotl rexenérase de xeito constante como parte dun proceso sen fin no que se crea e perpetúa o propio cosmos.Maffie201423-1">[1]
Os deuses do panteón azteca, que recibían o nome de teotl (en plural, teteo), eran elementos activos no mundo que se manifestaban a través dos fenómenos naturais ou na arte. Ademais, podían ser invocados ou incluso posuír aos sacerdotes durante os rituais.Bassett201589-2">[2]
Porén, existía tamén unha noción de monismo panteísta que se manifestaba nunha deidade suprema, Ometeotl, así como nunha serie de deidades menores que representaban versións ideais de fenómenos como as estrelas ou o lume.León_Portilla1963-3">[3]
Atópanse conceptos similares ao de teotl en toda Mesoamérica antes da conquista, como o termo zapoteco pee ou o maia ku. Na mitoloxía do pobo pipil, o equivalente Teut (etimoloxicamente emparentado con teotl) é o nome do deus creador e pai de toda a vida.Espino1996-4">[4] Por outra banda, este tipo de enerxía inmaterial pode compararse co concepto polinesio de mana.Miller
No cristianismo
[editar | editar a fonte]Nas primeiras traducións da Biblia e outros textos cristiáns ao náhuatl, Deus aparece representado co estranxeirismo castelán "Dios". Porén, nas traducións actuais, emprégase o neoloxismo Teotzin, unha combinación de teotl co sufixo reverencial -tzin.Horacio2013-6">[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maffie201423_1-0">1,0 Maffie201423_1-1">1,1 Maffie 2014, p. 23.
- Bassett201589_2-0">↑ Bassett 2015, p. 89.
- León_Portilla1963_3-0">↑ León Portilla 1963.
- Espino1996_4-0">↑ Espino 1996.
- Miller
Taube199389_5-0">↑ Miller & Taube 1993, p. 89. - Horacio2013_6-0">↑ Horacio 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bassett, Molly H. (2015). Aztec Gods and God-Bodies: The Fate of Earthly Things (en inglés). University of Texas Press. ISBN 9780292760882. doi:10.7560/760882.Bassett&rft.btitle=Aztec Gods and God-Bodies: The Fate of Earthly Things&rft.date=2015&rft.genre=book&rft.isbn=9780292760882&rft.pub=University of Texas Press&rft_id=https://www.google.es/books/edition/The_Fate_of_Earthly_Things/8sAvBgAAQBAJ?hl=es&gbpv=0&rft_id=info:doi/10.7560/760882&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Espino, Miguel Ángel (1996). Mitología de Cuscatlán (en castelán). Biblioteca Básica de Literatura Salvadoreña. ISBN 9789992301784.Espino&rft.btitle=Mitolog�a de Cuscatlán&rft.date=1996&rft.genre=book&rft.isbn=9789992301784&rft.pub=Biblioteca Básica de Literatura Salvadoreña&rft_id=https://www.google.es/books/edition/Mitolog%C3%ADa_de_Cuscatl%C3%A1n/e0VrAAAAMAAJ?hl=es&gbpv=0&bsq=Mitolog%C3%ADa%20de%20Cuscatl%C3%A1n&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Horacio, Luis (2013). "Credo en versión Nahuatl". catoliscopio.com (en Nahuatl). Consultado o 11 de outubro de 2024.Horacio&rft.date=2013&rft.genre=unknown&rft.jtitle=catoliscopio.com&rft_id=http://parroquiaicm.wordpress.com/2013/03/07/credo-en-version-nahuatl/&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- León Portilla, Miguel (1963). Aztec Thougth and Culture: A Study of the Ancient Náhuatl Mind (en inglés). University of Oklahoma Press. ISBN 9780806105697.León Portilla&rft.btitle=Aztec Thougth and Culture: A Study of the Ancient Náhuatl Mind&rft.date=1963&rft.genre=book&rft.isbn=9780806105697&rft.pub=University of Oklahoma Press&rft_id=https://www.google.es/books/edition/_/Y1sLAQAAIAAJ?hl=es&sa=X&ved=2ahUKEwjU4LXB94aJAxWBcfEDHUgkO08Qre8FegQIGRAG&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Maffie, James (2014). Aztec Philosophy: Understanding a World in Motion (en inglés). University Press of Colorado. ISBN 978-1-60732-222-1.Maffie&rft.btitle=Aztec Philosophy: Understanding a World in Motion&rft.date=2014&rft.genre=book&rft.isbn=978-1-60732-222-1&rft.pub=University Press of Colorado&rft_id=https://www.google.es/books/edition/Aztec_Philosophy/yYbgCwAAQBAJ?hl=es&gbpv=0&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Miller, Mary; Taube, Karl (1993). The Gods and Symbols of Ancient Mexico and the Maya (en inglés). Thames and Hudson. ISBN 9780500050682.Taube, Karl&rft.aufirst=Mary&rft.aulast=Miller&rft.btitle=The Gods and Symbols of Ancient Mexico and the Maya&rft.date=1993&rft.genre=book&rft.isbn=9780500050682&rft.pub=Thames and Hudson&rft_id=https://www.google.es/books/edition/The_Gods_and_Symbols_of_Ancient_Mexico_a/zzSKAQAACAAJ?hl=es&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">