Teodoro Piñeiro Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1950 (74 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, director teatral, político |
Teodoro Piñeiro Alonso, nado en Vigo o 27 de xullo de 1950, é un dramaturgo, director de teatro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Dereito Tributario e Asesoría Fiscal foi asesor Fiscal e laboral. Foi un dos fundadores do Centro Cultural de Valadares, no que foi animador cultural, vicepresidente e presidente. Foi director e autor de teatro, dirixiu o grupo Escoitade de Valadares. Pertenceu ao Grupo Abrente.[1] Foi elixido concelleiro da primeira corporación democrática do Concello de Vigo pola coalición Unidade Galega, representando ao PSG. Militante do PSdeG-PSOE dende 1986, foi presidente da Federación de APAS de Vigo e Comarca (FOAPAS) (1993-1997) e portavoz da Plataforma pola defensa do Ensino Público de Vigo e Comarca (1992-1997). Colaborou en Faro de Vigo.
Obras
[editar | editar a fonte]Escritas e dirixidas para o Grupo Escoitade:
- Historia de unha reconquista contada á miña maneira, 1976.
- O derradeiro Xuízo, 1979.
- A bruxa Fidalga na horta do lagar, 1980.
- Queda terminantemente prohibido o suicidio, 1981.
- 3-3-1, todo para un, 1983.
- O milagre do torreiro de Quintián, 1985.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Premio de Animación Cultural (1977).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 25-5-1974, p. 8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Piñeiro Alonso, Teodoro". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.