Saltar ao contido

Tempo central europeo de verán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fusos horarios en Europa
Azul Horario de Europa Occidental
Horario de verán de Europa Occidental (UTC 0 / UTC 1)
Azul Claro Horario de Europa Occidental (UTC 0)
Vermello Hora Central Europea
Hora Central Europea de verán (UTC 1 / UTC 2)
Vermello claro Hora Central Europea (UTC 1)
Amarelo Horario do Leste Europeo
Horario de verán do Leste Europeo (UTC 2 / UTC 3)
Laranxa Horario de Kaliningrado (UTC 3)
Verde Horario de Moscova (UTC 4).

O tempo central europeo de verán é a hora que se aplica na maior parte de Europa durante o verán. Equivale a 2 horas máis có UTC. A forma abreviada para referirse a esta hora é CEST (sacada das iniciais tal coma son escritas en inglés: Central European Summer Time). Tamén se usan outros nomes e acrónimos para referirse a el: por exemplo EST (Tempo Europeo de Verán).

Este horario de verán aplícase dende as 01:00 UTC do último domingo de marzo, ata as 01:00 UTC do último domingo de outubro. No domingo de marzo adiántanse os reloxos unha hora ás 2:00 da mañá (ese día terá 23 horas), e no domingo de outubro atrásase unha hora ás 3:00 da mañá (que pasarán a ser as 02:00), así que ese día durará 25 horas.

Durante o inverno aplícase o CET (tempo central europeo).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]