Saltar ao contido

Tapikka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Restos do palazo de Tapikka.

Tapikka ou Tappiga foi unha cidade hitita situada na moderna Maşat Höyük (Turquía)[1]. Crese que foi destruída polos kaska pouco antes do -1350. Na cidade atopouse unha importante colección de cartas[2], que permiten facerse unha idea da situación do Imperio Hitita no século –XIV.

A cidade foi reconstruída e fortificada por Muwatallis II sobre o -1300 e entregada ao seu irmán Hattusilis como parte do recentemente creado reino vasalo de Hakpis.

  1. Matthews, Roger; Glatz, Claudia (2009). "The historical geography of north-central Anatolia in the Hittite period: texts and archaeology in concert". Anatolian Studies (59): 51–72.  p, 69
  2. Báez, Fernando: Historia universal de la destrucción de libros. Destino. Barcelona. 2004. p. 38