Tapia de Casarego
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Tapia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.652 (2023) (55,34 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.335 (2011) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 65,99 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 645 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Tapia (en) | Enrique Fernández Castelao (2013–2018) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33740 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33070 | ||||
Sitio web | tapiadecasariego.com |
Tapia de Casarego[1] (oficialmente Tapia) é un concello de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con El Franco e ao sur e ao oeste con Castropol. O concello cobre unha superficie de 66 km² e contaba cun total 4290 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 65,01 hab./km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.
Xeología e edafoloxía
[editar | editar a fonte]Desde o punto de vista xeológico o solo de Tapia de Casarego é de formación silúrica composto principalmente de cuarcitas e xistos cámbricos. Hai tamén unha importante presenza de granito na zona oriental do termo municipal, preto xa da costa. Na zona próxima á localidade de Porcía e na antiga parroquia de Santa María del Monte apareceron mostras do mineral ferromagnético.
Trátase en calquera caso de materiais xeolóxicos de natureza silícea, sobre os que desenvolven solos ácidos pobres en sales minerais (solos oligotróficos e mesotróficos). Nos fondos de val, os materiais aluviais poden proporcionar unha maior fertilidade aos solos e facilitar a existencia de perfís edáficos máis profundos e desenvolvidos.
O relevo ten altitudes bastantes suaves e con poucas pendentes, observándose dúas zonas bastante diferenciadas separadas pola estrada que vai das Figueiras a Lagar. Na parte sur desta vía atopamos o cordal de Acevedo e os montes de Candaosa, con alturas de pouca importancia entre as que destaca o outeiro das Cruces, con 396 metros. Polo seu lado norte divísase unha extensa e frutífera planicie litoral. Outras alturas son as do Pico das Neves (251 m), o Grandela (348 m), e xa no límite con Castropol o outeiro do Pousadoiro (600 m) e o da Bobia que se atopa xa fóra dos límites do concello, con 1201 metros. O litoral atópase moi batido polas ondas mariñas, contando con varios acantilados e illotes de pequena altitude. As súas praias tamén presentan diferenzas, atopándose praias de area moi fina a partir da parte occidental da capital. Na parte oriental da vila o que predominan son as ribeiras de pedra que contan con accesos complicados.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]O seu curso fluvial máis importante é o río Porcía, que nace nos contrafortes da Bobia e que desemboca na praia de seu mesmo nome. Presenta bastante irregularidade no seu curso, facendo de límite co veciño concello de El Franco durante varios quilómetros. Outros ríos do concello son o Anguileiro, con desembocadura na praia de Tapia e o Tol, que desemboca na de Serantes. As súas augas en épocas estivais adoitan ser moi baixas.
Os lagos de Salave son restos dunha mina romana de ouro, en conflito entre reserva natural e sucesivos intentos de explotación aurífera.[2]
Climatoloxía
[editar | editar a fonte]O clima é de tipo atlántico, coas temperaturas máximas e mínimas moi suavizadas pola influencia do mar. Polo pequeno tamaño do concello as diferenzas climáticas entre a súa franxa costeira e as súas pequenas altitudes son escasas. A temperatura media na época estival é de 20,5 °C a máxima e 14,4 °C a mínima. En inverno estas chegan aos 10,5 °C e 5,3 °C. A precipitación media anual é da orde de 900 mm, unha das máis moderadas de Asturias. Unha das características de Tapia, ao igual que en moitas localidades do Principado, é a significativa frecuencia das néboas mariñas.
Alcaldía
[editar | editar a fonte]No primeiro mandato democrático (1979 a 1983) gobernou UCD. De 1983 a 2011 tivo maioría absoluta o PP, que a perdeu tras as eleccións de 2011, cando un acordo entre Alternativa por Tapia e PSOE converteu Manuel Jesús González Díaz "Cuco" (APT) en alcalde. Dimitiu en febreiro de 2013 despois dun ano de goberno en minoría, e o 12 de abril de 2013 Enrique Fernández Castelao "Revilla" (PP) pasou a ser o novo alcalde, cargo que revalida en 2015 ó gañar as eleccións e coaligarse con Foro Asturias. O 24 de maio de 2018 o posto quedou vacante tras a dimisión de Enrique Fernández Castelao[3].
Parroquias
[editar | editar a fonte]Asturias | Parroquias de Tapia de Casarego | |
---|---|
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Áreas galegofalantes fóra de Galicia
- ↑ "Ayuntamiento de Tapia de Casariego » Naturaleza y Montaña". www.tapiadecasariego.es (en castelán). Consultado o 2018-05-28.
- ↑ "Dimite el alcalde de Tapia, tras 35 años en política, «por motivos personales»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-05-25. Consultado o 2018-05-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuervas-Mons García-Braga, Antonio (2021). Tapia de Casariego, concejo fascinante (en castelán).Cuervas-Mons Garc�a-Braga&rft.btitle=Tapia de Casariego, concejo fascinante&rft.date=2021&rft.genre=book&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Valdés del Toro, Ramón; Lorenzi Fernández, Elisabeth (2004). ¿Bótoche unha mao? La evolución de las relaciones de reciprocidad campesinas en Tapia de Casariego (en castelán). ISBN 84-87741-78-9.Lorenzi Fernández, Elisabeth&rft.aufirst=Ramón&rft.aulast=Valdés del Toro&rft.btitle=�Bótoche unha mao? La evolución de las relaciones de reciprocidad campesinas en Tapia de Casariego&rft.date=2004&rft.genre=book&rft.isbn=84-87741-78-9&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Concello (en castelán)
- Federación Asturiana de Concellos Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- Guía del Occidente. Tapia de Casariego (en castelán)
- Visita fotográfica para Tapia de Casariego (en castelán)