Talking Heads
Orixe | Nova York, |
---|---|
Período | 1974 - 1991 2002 |
Xénero(s) | New Wave, art punk, post-punk, worldbeat |
Selo(s) discográfico(s) | Sire, Warner Music, EMI |
Antigos membros | David Byrne Chris Frantz Tina Weymouth Jerry Harrison |
Artistas relacionados | Tom Tom Club, Brian Eno, Casual Gods, The Modern Lovers, The Heads |
Na rede | |
https://talkingheadsofficial.com/ e https://talkingheadsofficial.com | |
Talking Heads foi unha banda de new wave estadounidense formada en 1974 en Nova York[1] e que estivo activa até 1991. A banda estaba formada por David Byrne, Chris Frantz, Tina Weymouth e Jerry Harrison, aínda que outros músicos tamén fixeron aparicións nalgúns concertos ou álbums do grupo.
O estilo new wave de Talking Heads combinaba elementos dos xéneros punk rock, avant-garde, pop, funk, música do mundo e art rock. O líder e compositor David Byrne contribuíu facendo letras esotéricas e fantásticas para as cancións, e gravou con distintos medios as súas actuacións e proxectos para demostrar o seu talento. O crítico Stephen Thomas Erlewine describiu a Talking Heads coma "unha das bandas máis aclamadas dos anos 80 polos críticos, mentres que estaba dirixida para conseguir éxitos pop".[2]
No ano 2002, a banda ingresou no Salón da Fama do Rock and Roll. Catro dos seus álbums apareceron na revista Rolling Stone no ano 2003, na lista dos "500 Mellores Álbums de todos os Tempos". Tamén saíron na lista dos 100 mellores álbums que fixo Channel 4, onde aparecía un dos seus álbums, Fear of Music, no posto setenta e seis. O seu concerto-filme Stop Making Sense está considerado como un dos mellores exemplos do seu xénero.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]1974-1977: primeiros anos
[editar | editar a fonte]David Byrne, Chris Frantz e Tina Weymouth eran alumnos da Escola de deseño de Rhode Island en Providence, Rhode Island. En 1974, Byrne e Frantz formaron alí unha banda chamada "The Artistics"[4]. Weymouth era a moza de Frantz e acotío transportaba a banda. O grupo disolveuse ao pasar un ano, e os tres mudáronse a Nova York, onde nun principio compartiron apartamento. Ao non atoparen un baixista na cidade, Frantz animou a Weymouth para que aprendese a tocar o baixo escoitando álbums de Suzi Quatro[5]. A primeira actuación co nome de "Talking Heads" foi como abreconcertos de Ramones na sala CBGB o día 8 de xuño de 1975[1].
Nunha entrevista posterior, Weymouth explicou como escolleu o nome de Talking Heads ("cabezas falantes"): "Un amigo atopou o nome na TV Guide, que explicaba que a expresión a empregaban os estudios de televisión para describir unha persoa que falaba todo o contido do programa, sen acción."[6]
En 1975, o trío gravou unhas probas para a CBS, pero a banda non foi escollida. En marzo de 1977, engadiron a Jerry Harrison (guitarra solista, teclado e vocalista), antigo membro do grupo de Jonathan Richman, The Modern Lovers. O grupo medrou pronto, foi gañando seguidores e firmou contrato con Sire Records no ano 1977. O grupo publicou o seu primeiro sinxelo, "Love → Building on Fire" en febreiro dese mesmo ano. O seu primeiro álbum Talking Heads: 77, que non incluía ese sinxelo, viu a luz pouco tempo despois.
1978-1982: con Brian Eno
[editar | editar a fonte]Foi co seu segundo álbum More Songs About Buildings and Food (1978) cando a banda comezou a súa longa colaboración co produtor Brian Eno, quen xa traballara con Roxy Music, David Bowie e Robert Fripp; o título da canción de Eno de 1977 "King's Lead Hat" é un anagrama do nome da banda. O estilo infrecuente de Eno mesturábase ben co estilo da banda, e empezaron a explorar un novo campo de varios estilos musicais. Esta gravación tamén significou o comezo dunha longa relación co famoso estudio Compass Point Studios en Nassau, Bahamas. Aínda que "Psycho Killer", do álbum de debut, foi un éxito menor, foi o álbum More Songs... coa súa versión de "Take Me to the River", de Al Green o que fixo que Talking Heads se fixese unha banda coñecida pola xente.
A experimentación continuou co disco de 1979 Fear of Music, que coqueteaba co estilo máis escuro do post-punk rock. O sinxelo "Life During Wartime" creou a frase feita "This ain't no party, this ain't no disco". O álbum de 1980 Remain in Light estivo moi influído polo nixeriano Fela Kuti, a quen Eno presentara á banda, e exploraba os ritmos africanos, anunciando o interese posterior de Byrne pola música do mundo.
1983–1991: éxito comercial e ruptura
[editar | editar a fonte]En 1983 o grupo publicou Speaking in Tongues, grande éxito comercial que incluía o único Top 10 nos Estados Unidos da banda, "Burning Down the House".[7] A seguinte xira foi documentada en Stop Making Sense, de Jonathan Demme que deu lugar ao álbum homónimo.[8]
Tras este publicaron outros tres discos: Little Creatures (1985)[9] True Stories (1986)[10] e Naked (1988). Durante estes anos o grupo caeu cada vez máis baixo o control de Byrne e tras Naked, a banda tomou un descanso.
En decembro de 1991 Talking Heads anunciou a súa separación.
Reunión
[editar | editar a fonte]A banda interpretou xunta "Life During Wartime", "Psycho Killer" e "Burning Down the House" o 18 de marzo de 2002, na súa cerimonia de ingreso no Rock and Roll Hall of Fame; a pesar diso consideraron pouco probable que se reunisen para facer unha xira. David Byrne declarou: "Había moito odio no ambiente. Tiñamos moito mala sangue que reducir. Esa é unha razón, a outra, é que estamos musicalmente moi afastados."[11] Weymouth criticou a David Byrne, describíndoo coma "un home incapaz de recuperar unha amizade"[11] e que non lle garda afecto a Frantz, a Harrison nin a ela.[12]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Talking Heads: 77 | 1977 | Sire/Philips |
More Songs About Buildings and Food | 1978 | Sire |
Fear of Music' | 1979 | Sire |
Remain in Light | 1980 | Sire |
Speaking in Tongues | 1983 | Sire |
Little Creatures | 1985 | Sire/EMI |
True Stories | 1986 | Sire/EMI |
Naked | 1988 | Sire/EMI |
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]- The Name of This Band Is Talking Heads - 1982 (Sire)
- Stop Making Sense - 1984 (EMI)
Influencias
[editar | editar a fonte]Talking Heads influíu varios artistas, incluíndo a Kate Bush.[13] A banda Radiohead colleu o seu nome da canción dos Talking Heads "Radio Head" do álbum de 1986 True Stories.[14][15]
Phish fixo unha versión da totalidade da canción Remain in Light, do concerto de Halloween de 1996, o seu segundo set anual "musical costume."
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Talking Heads". Rock and Roll Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2008.
- ↑ allmusic Talking Heads Biography
- ↑ Muñoz, Almudena (9 de xuño de 2012). "Las mejores películas de conciertos musicales". LaButaca.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2015.
- ↑ Gittins, Ian (2004). Talking Heads: Once in a Lifetime : the Stories Behind Every Song. Hal Leonard Corporation. p. 140. ISBN 0-634-08033-4.
- ↑ Isola, Gregory. "Tina Talks Heads, Tom Toms, and How to Succeed at Bass Without Really Trying". Bass Player. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2008. Consultado o 23 de novembro de 2008.
- ↑ Weymouth, Tina (1992). In Sand in the Vaseline (p. 12) [CD liner notes]. Nova York: Sire Records Company
- ↑ DeGagne, Mike. "Burning Down the House - Talking Heads - Song Review". Allmusic. Consultado o 25 de abril de 2014.
- ↑ Light, Alan. "All-TIME 100 Albums". Time. Consultado o 25 de abril de 2014.
- ↑ "Little Creatures - Talking Heads". Allmusic. Consultado o 27 de abril de 2014.
- ↑ Maslin, Janet. "True Stories (1986) DAVID BYRNE IN 'TRUE STORIES'". The New York Times. Consultado o 27 de abril de 2014.
- ↑ 11,0 11,1 Blackman, Guy (6 de febreiro de 2005). "Byrning down the house". The Age. Consultado o 3 de outubro de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2008. Consultado o 06 de abril de 2010.
- ↑ "Gaffaweb - Kate Bush - REACHING OUT - MTV - Unedited". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2008. Consultado o 06 de abril de 2010.
- ↑ "about radiohead". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2010. Consultado o 06 de abril de 2010.
- ↑ "David Byrne interviews Thom Yorke for WIRED. Radiohead At Ease [In Rainbows]". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 06 de abril de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bowman, David (2001). This Must Be the Place: The Adventures of Talking Heads in the Twentieth Century. Nova York: HarperCollins. ISBN 0-380-97846-6.
- Gans, David (1985). Talking Heads. Nova York: Avon Books. ISBN 0-380-89954-X.
- Reese, Krista (1982). The Name of This Book is Talking Heads. Londres: Proteus Books. ISBN 0-86276-057-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clark Collis (October 13, 2009). "Talking Heads' Chris Frantz on 25 Years of 'Stop Making Sense' and the Possibility of a Heads Reunion". EW.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 06 de abril de 2010.