Saltar ao contido

Taliabu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaTaliabu
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Sula Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTaliabu, Indonesia e Illas Sula, Indonesia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 1°50′00″S 124°50′00″L / -1.8333, 124.8333
Bañado porMar das Molucas Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie2.913 km² Editar o valor en Wikidata

Taliabu é a maior illa (2.913 km²) e máis occidental das Illas Sula, que á súa vez forma parte das illas Molucas en Indonesia. Atópase ao oeste das illas Mangole e Sanana.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Taliabu atópase ao leste de Sulawesi, está separada da veciña illa de Mangole, polo Estreito de Capalulu. O punto máis alto está en Taliabus 1.157 m, o litoral da illa ten unha lonxitude de 410´5 quilómetros. Taliabu é montañosa e boscosa, e escasamente poboada. A cidade principal é Lekitobi no suroeste da illa.

Taliabu orixinalmente pertencía a sultán de Ternate. En 1683 converteuse en colonia dos Países Baixos. Logo da segunda guerra mundial en 1949 pasou a pertencer á agora independente Indonesia. Ao principio era parte da provincia de Molucas, desde 1999 pertence á provincia de Maluku Utara.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A poboación de Taliabu probablemente é orixinaria da rexión oriental de Sulawesi, son similares étnica e culturalmente aos pobos de Buru e Ceram, a maioría é de ascendencia malaio-polinesia. Mentres que no pasado dominaban principalmente as crenzas indíxenas, hoxe en día o islam é a relixión predominante en Taliabu.