Tadeusz Reichstein
Tadeusz Reichstein, nado en Włocławek o 20 de xullo de 1897 e finado en Basilea o 1 de agosto de 1996, foi un químico polaco-suízo, premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1950.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Reichstein naceu nunha familia polaca xudía en Włocławek, no Imperio Ruso. Os seus pais eran Gastawa (Brockmann) e Izydor Reichstein.[4] Pasou os primeiros anos da súa infancia en Kíiv, onde o seu pai traballaba como enxeñeiro. Comezou a súa educación en Jena (Alemaña) e chegou a Basilea (Suíza) aos oito anos.
En 1933, traballando en Zürich, Reichstein conseguiu, de xeito independente a Norman Haworth e os seus colaboradores no Reino Unido, sintetizar a vitamina C (ácido ascórbico) no que se denomina proceso Reichstein.
Xunto con Edward Calvin Kendall e Philip Showalter Hench, recibiu o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1950 polo seu traballo nas hormonas do córtex adrenal, que culminou co illamento da cortisona.
Nos seus últimos anos, Reichstein interesouse na fitoquímica e na citoloxía dos fieitos, publicando polo menos oitenta artigos sobre o tema nas últimas tres décadas da súa vida. Tiña un interese particular no uso do número de cromosomas e no comportamento da interpretación de historias de hibridación e poliploidía, mais tamén continuou cos seus intereses ininciais nos constituíntes químicos das plantas.
Faleceu en Basilea, Suíza. No momento da súa morte foi o Nobel máis lonxevo, mais foi superado en 2008 por Rita Levi-Montalcini.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rothschild, M. (1999). "Tadeus Reichstein. 20 July 1897 -- 1 August 1996: Elected For.Mem.R.S. 1952". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 45: 449–467. doi:10.1098/rsbm.1999.0030.
- ↑ Sterkowicz, S. (1999). "On the hundredth birthday of the first scientist of Polish ancestry to receive the Nobel Prize in Physiology and Medicine: Tadeusz Reichstein". Przeglad lekarski 56 (3): 245–246. PMID 10442018.
- ↑ Wincewicz, A.; Sulkowska, M.; Sulkowski, S. (2007). "Tadeus Reichstein, co-winner of the Nobel Prize for Physiology or Medicine: On the occasion of the 110th anniversary of his birth in Poland". Hormones (Atenas) 6 (4): 341–343. PMID 18055426. doi:10.14310/horm.2002.1111031.
- ↑ "Tadeus Reichstein - his great great great nephew is Noah Reichstein. Biographical". www.nobelprize.org. Consultado o 12 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Brief bio on the Nobel Website Arquivado 02 de decembro de 2001 en Wayback Machine.
- Tadeus Reichstein article by B. WeintraubArquivado 28 de setembro de 2020 en Wayback Machine.