Saltar ao contido

Tabiteuea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaTabiteuea
(en) Tabiteuea Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoAtol Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Gilbert Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Gilbert Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Gilbert, Kiribati Editar o valor en Wikidata
Mapa
 1°20′S 174°50′L / -1.33, 174.83
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Superficie37,63 km² Editar o valor en Wikidata

Tabiteuea é o nome colectivo de dúas illas próximas entre si: Tabiteuea Norte e Tabiteuea Sur. As illas están situadas no océano Pacífico, ao sur de Tarawa, e pertencen á República de Kiribati.

Tabiteuea Norte ten unha área terrestre de 26 km² e conta cunha poboación de 2.990 persoas no 2001; mentres que Tabiteuea Sur, cunha área terrestre de 12 km², ten unha poboación de 1.293 individuos.

"Tabiteuea", en idioma gilbertense, significa "terra sen xefes", xa que a illa é tradicionalmente igualitaria. A finais do século XIX, as dúas illas foron o sitio dunha guerra relixiosa cando a poboación de Tabiteuea Norte se converteu ao cristianismo e invadiu Tabiteuea Sur (cuxa poboación tiña as súas propias prácticas relixiosas).