Saltar ao contido

TAP Express

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TAP Express
IATA
TP
OACI
TAP
Indicativo
AIR PORTUGAL
Fundación2016
Aeroporto principalAeroporto de Lisboa
Centro de conexiónAeroporto do Porto
Plan de voo frecuenteTAP Victoria
AlianzaStar Alliance (afiliada)
Frota21
Destinos23
HoldingTAP Air Portugal
Páxina web: https://www.flytap.com

TAP Express é unha aeroliña rexional portuguesa fundada no ano 2016. Pertence a TAP Air Portugal e opera voos de curto e medio alcance. A compañía rexional Portugália Airlines, propiedade de TAP, opera os avións da familia Embraer da marca TAP Express. E á súa vez, White Airways, unha aeroliña propiedade de Omni Aviation, opera a súa frota de avóns ATR 72. A súa sede atópase no Aeroporto de Lisboa.

TAP Express voa diariamente aos aeroportos de Vigo e da Coruña dende Lisboa utilizando avións ATR 72 de 70 asentos.[1][2]

O día 14 de xaneiro de 2016 TAP Air Portugal anunciou que Portugália Airlines, a súa subsidiaria rexional, sería rebautizada como TAP Express o 27 de marzo dese ano como parte das medidas de reestruturación do grupo. No mesmo día, TAP Portugal tamén anunciou que toda a frota de Portugália, composta por avións Fokker 100 e Embraer ERJ-145, sería substituída en xullo de 2016 por novas aeronaves Embraer 190 e ATR 72-600 (estes último operado por White Airways), que recibirían unha librea semellante á de TAP Portugal.[3][4][5]

Todos os avións da frota de TAP Express están bautizados con nomes de distritos e rexións portuguesas.[6]

ATR 72 aterrando no aeroporto de Vigo
Embraer 190 no aeroporto do Porto

En outubro de 2017 a frota de TAP Express estaba formada polos seguintes avións:[7]

Frota de TAP Express
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
ATR 72-600 8 70 70 operados por White Airways
Embraer 190LR 9 110 110 operados por Portugália Airlines
Embraer 195[8] 4 120 120 operados por Portugália Airlines
Total 22
  1. Europa Press (ed.). "TAP Portugal volará a Vigo desde Lisboa". Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  2. El Ideal Gallego (ed.). "Tap Portugal operará una frecuencia diaria entre A Coruña y Lisboa a partir del mes de marzo". Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  3. Air Transport World (ed.). "TAP Portugal creates TAP Express to replace Portugalia". Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  4. What's up (ed.). "TAP Express nasce en março". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  5. O Jornal Económico (ed.). "TAP Express substitui Portugália. Nasce ponte aérea Lisboa/Porto". Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  6. News Avia (ed.). "Frota Da TAP Express Recebe Nomes Dos Distritos E Regiões Portuguesas". Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  7. TAP Portugal (ed.). "Frota". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  8. ch-aviation (ed.). "TAP's Portugália Airlines adds maiden EMB-195". Consultado o 7 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]