T-28
T-28 | |
---|---|
Tipo | carro de combate medio |
Orixe | Unión Soviética |
En servizo | 1933 - 1945 |
Usado por | Unión Soviética Finlandia Hungría Turquía España Alemaña |
Guerras | Segunda guerra mundial |
Fabricante | Fábrica Kirov |
Producido | 1932 - 1941 |
Construídos | 503 |
Lonxitude | 7.44 metros |
Anchura | 2.87 metros |
Altura | 2.82 metros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O T-28 foi un carro de combate soviético que estivo entre os primeiros carros medios do mundo. O prototipo completouse en 1931 e a súa fabricación comezou a finais de 1932. Foi un carro de combate de apoio á infantería creado para atravesar defensas fortificadas. O T-28 foi deseñado para complementar ao máis pesado T-35, co cal compartía moitos compoñentes. O modelo non tivo moito éxito en combate, pero xogou un importante papel como un proxecto de desenvolvemento para os deseñadores soviéticos. Unha serie de novas ideas e solucións foron probadas no T-28 e posteriormente incorporadas a futuros modelos.
Deseño
[editar | editar a fonte]O T–28 foi en moitos sentidos semellante ao Vickers A1E1 Independent británico, que influenciou enormemente o deseño de carros de combate no período de entreguerras, a pesar de que era só un prototipo. A fábrica Kirov de Leningrado comezou a producir un carro de combate baseado no deseño do Independent en 1932. O T–28 foi oficialmente aprobado o 11 de agosto de 1933. O vehículo tiña unha gran torreta cun canón de 76,2 mm e dúas máis pequenas con metralladoras de 7,62 mm. Un total de 503 T–28 serían fabricados nun período de 8 anos, dende 1933 ata 1941.
Variantes
[editar | editar a fonte]- T-28 Model 1934 ou T-28A: principal modelo de produción coas mesmas torretas de metralladoras e torreta principal semellante ao carro pesado T-35 e canón Model 27/32 76,2 mm.
- T-28 Model 1938 ou T-28B: versión con canón L-10 76,2 mm mellorado, tamén mellor sistema de estabilización do mesmo e motor Model M-17L.
- T-28E ou T-28C: en 1940 engadíuselle un aplique de blindaxe en resposta aos malos resultados en Finlandia. A blindaxe frontal incrementouse ata os 80 mm, o peso ata as 32 toneladas e a velocidade por estrada baixou ata os 23 km/h.
- T-28 Model 1940: o derradeiro lote duns 12 vehículos tiña a mesma torreta cónica que os últimos carros T-35.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: T-28 |