Saltar ao contido

Synaptura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Synaptura é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] que comprende varias especies de linguados que viven en augas da rexión Indo-Pacífica e no Atlántico tropical oriental, excepto unha que habita nas augas doces de Australia.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi creado en 1849 polo naturalista danés Theodore Edward Cantor.[1]

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de por este nome, coñécese polo sinónimo Achlyopa Whitley, 1947.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Synaptura está formado pola forma prefixa do grego antigo συν- syn-, do adverbio σύν sýn, "xuntamente", "á vez", e os termos gregos ἅπτω áptō, "suxeitar", "atar", e ουρά ourá, "cola", en referencia a que estes peixes teñen as aletas dorsal e anal unidas á aleta caudal.

Na actualidade recoñécense neste xénero, segundo o WoRMS, as seguintes sete especies:[1]

Porén a FishBase en vez de Synaptura selheimi considera Synaptura salinarum (Ogilby, 1910).[4]

E pola súa parte, a Encyclopedia of Life (EOL) admite un total de doce especies:

  • Synaptura albomaculata Kaup, 1858
  • Synaptura cadenati Chabanaud, 1948
  • Synaptura commersonnii (Lacepède, 1802)
  • Synaptura hediste Mees 1964
  • Synaptura inermis Saville-Kent, 1893
  • Synaptura marginata Boulenger, 1900
  • Synaptura megalepidoura (Fowler, 1934)
  • Synaptura nigra Macleay, 1880
  • Synaptura quagga (Kaup, 1858)
  • Synaptura salinarum (Ogilby, 1910)
  • Synaptura selheimi Macleay, 1882
  • Synaptura villosa Weber, 1907
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Synaptura Cantor, 1849 non WoRMS.
  2. Especies de Synaptura na FishBase.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  4. Nomes científicos das especies do xénero Synaptura na FishBasse.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]