Saltar ao contido

Susana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato da duquesa Ana de Francia coa súa filla Susana de Borbón, á dereita do tríptico de Moulins, obra do Mestre de Moulins, 1489-1499.

Susana é un nome propio feminino de orixe exipcia na súa variante en galego.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Provén do exipcio medio Sšn (‘flor de loto’). Aparece por vez primeira nun sarcófago da Undécima Dinastía do 2000 a. C.[Cómpre referencia]

Aparece tamén en Persia (onde se corresponde co nome do ‘lirio’), na antiga cidade de Susa. Nos mitos persianos, Shushan é tamén o nome do fillo (ou a filla, nalgunhas traducións) de Elam.

No aramaico shoshana significa tamén ‘lirio’. No entanto, a raíz hebraica do nome do lirio שושן deriva de שוש ou ששנ, que significa ‘ledo, brillante ou feliz’, e é a base da verba ששון sasson, que significa ‘ledicia’.

Aparece unha Susana no Evanxeo de Lucas (8:3), como unha das mulleres que acompañaban a Xesús Cristo.

Variantes

[editar | editar a fonte]
Variantes noutras linguas
Español: Susana
Alemán: Susanne
Catalán: Susanna
Checo: Zuzana
Dinamarqués: Susanne
Eslovaco: Zuzana
Esloveno: Suzana
Esperanto: Susano
Francés: Suzanne
Galego: Susana
Grego: Σουσάννα
Finés: Susanna
Hebraico: Chochana, Shoshana
Húngaro: Zsuzsanna o Zsuzsa (diminutivo: ZsaZsa)
Inglés: Susan, Suzanne
Italiano: Susanna
Latín: Xuxa
Malaio: Sosamma
Ruso: Сусана (Susana)
Noruegués: Susanne
Polonés: Zuzanna
Portugués: Suzana
Serbio: Жужана
Sueco: Susanna

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

O nome Susana é abundante en todo o norte do estado español, tamén en Galicia, pero especialmente en Asturias e León. En setembro de 2015, 6.566 mulleres levaban o nome de Susana en Galicia[1].

Santa Susana de Braga é patroa dunha parroquia na cidade de Santiago de Compostela.[2]

Persoeiros

[editar | editar a fonte]

Santas e beatas

[editar | editar a fonte]

Susana na arte

[editar | editar a fonte]
  • O filme Susana (1951) —tamén coñecido como Demonio y carne—, do director hispanomexicano Luis Buñuel (1900-1983).
  • O filme dinamarqués Susana (1951).

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]