Este artigo amosa letras bengalís. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Os Sundarbans (en bengalí: সুন্দর বন; "bosque fermoso")[1][2] son unha área de mangleiral no delta formado pola confluencia dos ríos Ganxes, Brahmaputra e Meghna no golfo de Bengala. Esténdese dende o río Hooghly no estado indio de Bengala Occidental até o río Baleswar en Bangladesh. Contén bosques de mangleirais, terras agrícolas, chairas de marea e está conectado por múltiples regatos e canles. Existen catro áreas dos Sundarbans que están clasificados como Patrimonio da Humanidade, o Parque Nacional dos Sundarbans e os santuarios da vida salvaxe dos Sundarbans do oeste, sur e leste.[3] O bosque de mangleiros dos Sundarbans abrangue unha área de 10 000 km². En Bengala Occidental, esténdense por 4 260 km² ó longo dos distritos South 24 Parganas e North 24 Parganas.[4] Os bosques na división Khulna de Bangladesh abranguen 6 017 km². As especies de árbores máis comúns son o sundri (Heritiera fomes) e o gewa (Excoecaria agallocha). Os bosques on o hábitat de 453 especies de animais, incluíndo 290 paxaros, 120 peixes, 42 mamíferos, 35 réptiles e oito especies de anfibios.[5]
↑Biswas, S. (2000). "সুন্দর". Samsad Bengali-English dictionary. Calcuta: Sahitya Samsad. p. 1017. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
↑Biswas, S. (2000). "বন". Samsad Bengali-English dictionary. Calcuta: Sahitya Samsad. p. 717. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
↑Giri, C., Pengra, B., Zhu, Z., Singh, A. and Tieszen, L. L. (2007). "Monitoring mangrove forest dynamics of the Sundarbans in Bangladesh and India using multi-temporal satellite data from 1973 to 2000". Estuarine, Coastal and Shelf Science73 (1−2): 91−100. doi:10.1016/j.ecss.2006.12.019.
↑Pani, D. R., Sarangi, S. K., Subudhi, H. N., Misra, R. C. and Bhandari, D. C. (2013). "Exploration, evaluation and conservation of salt tolerant rice genetic resources from Sundarbans region of West Bengal". Journal of the Indian Society of Coastal Agricultural Research30 (1): 45–53.
Jalais, Annu. (2005). "Dwelling on Morichjhanpi: When Tigers Became 'Citizens', Refugees 'Tiger-Food'"; Economic and Political Weekly, 23 de abril de 2005, pp. 1757 – 1762.
Jalais, Annu. (2007). "The Sundarbans: Whose World Heritage Site?", Conservation and Society, (vol. 5, no. 4).
Jalais, Annu. (2008). "Unmasking the Cosmopolitan Tiger", Nature and Culture, (vol. 3, no. 1), pp. 25–40.
Jalais, Annu. (2008). "Bonbibi: Bridging Worlds", Indian Folklore, serial no. 28, Jan 2008.