Virus Sudán
Sudan virus (SUDV) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Virus membros (Abreviación) | |||||||||||
Sudan virus (SUDV) |
O virus Sudán (Sudan virus, SUDV) é un ebolavirus pertencente á especie Ebolavirus Sudán (Sudan ebolavirus), clasificado no xénero Ebolavirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales. O SUDV é o único "virus" membro da súa "especie". É un parente próximo do máis coñecido virus Ebola (EBOV). Igual que outros ebolavirus, o SUDV causa unha enfermidade grave en humanos e (experimentalmente) en primates non humanos chamada enfermidade do virus Ebola que é unha febre hemorráxica viral. O SUDV considérase un axente selectivo, un patóxeno do grupo 4 da Organización Mundial da Saúde, que require bioseguridade de nivel 4, un patóxeno prioritario de categoría A dos NIH/Instituto Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos, un axente de bioterrorismo de categoría A dos CDC dos Estados Unidos, e está na lista dos axentes biolóxicos para o control da exportación do grupo Australia.
O virus Sudán foi descrito por primeira vez en 1977,[1][2] e o seu nome deriva de que se atopou no sur do Sudán (desde 2011 esa zona pertence ao Sudán do Sur, despois da partición do Sudán).[3]
Denominacións previas
[editar | editar a fonte]O virus Sudán foi introducido como unha nova "cepa" do virus Ebola en 1977.[1] En 2000 recibiu o nome de Sudan Ebola virus[4] [5] e en 2002 o nome cambiouse a Sudan ebolavirus.[6][7] As abreviacións que se usaron previamente para el foron EBOV-S (para Ebola virus Sudan) e máis recentemente SEBOV (para Sudan Ebola virus ou Sudan ebolavirus). O virus recibiu a súa denominación actual en 2010, cando foi renomeado como Sudan virus, coa abreviación oficial SUDV.[2]
Segundo as normas de nomenclatura do ICTV o nome virus Sudán non se escribe en cursiva, pero si o da súa especie (Sudan ebolavirus).
Criterios de inclusión na especie e no virus
[editar | editar a fonte]Un virus do xénero Ebolavirus é membro da especie Sudan ebolavirus se cumpre os seguintes criterios:
- É endémico do Sudán ou Uganda.
- Ten un xenoma con tres solapamentos de xenes (VP35/VP40, GP/VP30, VP24/L)
- Ten unha secuencia xenómica que se diferencia da do virus Ebola en ≥30%, pero que é diferente da do Sudan virus en <30%.
Un virus da especie Sudan ebolavirus é un is un virus Sudan (SUDV) se o seu xenoma diverxe do do prototipo Sudan virus, Sudan virus variante Boniface (SUDV/Bon), en ≤10% a nivel de nucleótidos.[2]
Enfermidade
[editar | editar a fonte]O SUDV é un dos catro ebolavirus que causan a enfermidade do virus Ebola en humanos, tamén chamada febre hemorráxica do Ebola. O virus apareceu en 1976 nun gromo orixinado probablemente nunha fábrica de algodón da zona de Nzara, despois estendeuse por contacto hospitalario e houbo moitos traballadores sanitariows afectados. No pasado o SUDV causou os seguintes gromos de enfermidade do virus Ebola:
Ano | Localización xeográfica | Casos humanos/mortes (taxa de mortalidade) |
1976 | Juba, Maridi, Nzara, e Tembura, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) | 284/151 (53%) |
1979 | Nzara, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) | 34/22 (65%) |
2000–2001 | Distritos de Gulu, Mbarara, e Masindi, en Uganda | 425/224 (53%) |
2004 | Condado de Yambio, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) | 17/7 (41%) |
2011 | Distrito de Luweero, en Uganda | 1/1 (100%) |
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Non se coñece o hóspede reservorio do SUDV, pero crese que poden ser os morcegos, xa que se sabe que os morcegos albergan a outros filovirus relacionados co SUDV.[8][9]
Bioloxía molecular
[editar | editar a fonte]O SUDV non está caracterizado molecularmente, pero crese que as súas características poden extrapolarse das do mellor coñecido virus Ebola (EBOV). A súa secuencia xenética, organización xenómica e a conservación de marcos abertos de lectura individuais é similar á dos outros ebolabvirus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Bowen, E. T. W.; Lloyd, G.; Harris, W. J.; Platt, G. S.; Baskerville, A.; Vella, E. E. (1977). "Viral haemorrhagic fever in southern Sudan and northern Zaire, Preliminary studies on the aetiological agent.". Lancet 309 (8011): 571–3. PMID 65662. doi:10.1016/s0140-6736(77)92001-3.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Kuhn, Jens H.; Becker, Stephan; Ebihara, Hideki; Geisbert, Thomas W.; Johnson, Karl M.; Kawaoka, Yoshihiro; Lipkin, W. Ian; Negredo, Ana I; et al. (2010). "Proposal for a revised taxonomy of the family Filoviridae: Classification, names of taxa and viruses, and virus abbreviations". Archives of Virology 155 (12): 2083–103. PMC 3074192. PMID 21046175. doi:10.1007/s00705-010-0814-x.
- ↑ Nzara, South Sudan
- ↑ Netesov, S. V.; Feldmann, H.; Jahrling, P. B.; Klenk, H. D.; Sanchez, A. (2000). "Family Filoviridae". En van Regenmortel, M. H. V.; Fauquet, C. M.; Bishop, D. H. L.; Carstens, E. B.; Estes, M. K.; Lemon, S. M.; Maniloff, J.; Mayo, M. A.; McGeoch, D. J.; Pringle, C. R.; Wickner, R. B. Virus Taxonomy – Seventh Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. San Diego, USA: Academic Press. pp. 539–48. ISBN 0-12-370200-3.
- ↑ Pringle, C. R. (1998). "Virus taxonomy-San Diego 1998". Archives of Virology 143 (7): 1449–59. PMID 9742051. doi:10.1007/s007050050389.
- ↑ Feldmann, H.; Geisbert, T. W.; Jahrling, P. B.; Klenk, H.-D.; Netesov, S. V.; Peters, C. J.; Sanchez, A.; Swanepoel, R.; Volchkov, V. E. (2005). "Family Filoviridae". En Fauquet, C. M.; Mayo, M. A.; Maniloff, J.; Desselberger, U.; Ball, L. A. Virus Taxonomy – Eighth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. San Diego, USA: Elsevier/Academic Press. pp. 645–653. ISBN 0-12-370200-3.
- ↑ Mayo, M. A. (2002). "ICTV at the Paris ICV: results of the plenary session and the binomial ballot". Archives of Virology 147 (11): 2254–60. doi:10.1007/s007050200052.
- ↑ Towner, J. S.; Amman, B. R.; Sealy, T. K.; Carroll, S. A. R.; Comer, J. A.; Kemp, A.; Swanepoel, R.; Paddock, C. D.; Balinandi, S.; Khristova, M. L.; Formenty, P. B.; Albarino, C. G.; Miller, D. M.; Reed, Z. D.; Kayiwa, J. T.; Mills, J. N.; Cannon, D. L.; Greer, P. W.; Byaruhanga, E.; Farnon, E. C.; Atimnedi, P.; Okware, S.; Katongole-Mbidde, E.; Downing, R.; Tappero, J. W.; Zaki, S. R.; Ksiazek, T. G.; Nichol, S. T.; Rollin, P. E. (2009). "Isolation of Genetically Diverse Marburg Viruses from Egyptian Fruit Bats". In Fouchier, Ron A. M. PLoS Pathogens 5 (7): e1000536. doi:10.1371/journal.ppat.1000536. PMC 2713404. PMID 19649327.
- ↑ Leroy, E. M.; Kumulungui, B.; Pourrut, X.; Rouquet, P.; Hassanin, A.; Yaba, P.; Délicat, A.; Paweska, J. T.; Gonzalez, J. P.; Swanepoel, R. (2005). "Fruit bats as reservoirs of Ebola virus". Nature 438 (7068): 575–576. Bibcode:2005Natur.438..575L. doi:10.1038/438575a. PMID 16319873.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficheiros e discusións da ICTVArquivado 07 de outubro de 2011 en Wayback Machine.