Subxigante
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde maio de 2019.) |
Unha estrela subxigante é unha clase de estrela que é máis brillante que unha anana da secuencia principal, pero non tanto como unha xigante propiamente dita.
Características
[editar | editar a fonte]As estrelas subxigantes terminaron a fusión do hidróxeno nos seus núcleos. Nesta etapa, se os astros teñen unha masa solar de 1 MSol, o centro contráese, provocando que a súa temperatura aumente o suficiente como para trasladar a fase de fusión de hidróxeno a unha capa que rodea o núcleo. Por conseguinte, a estrela expándese, completando un paso máis cara á súa transformación nunha xigante vermella.
Ao comezo da fase de suxgigante (como é o caso de Procyon A), o diámetro e a luminosidade aumentan, pero a estrela en si arrefriarase un pouco ou cambiará de cor significativamente. As subxigantes que están máis próximas a converterse en xigantes terán diámetros máis grandes e temperaturas máis baixas que outras estrelas da secuencia principal de masa similar.
Na clasificación espectral de Yerkes, a súa luminosidade é de clase IV.
Estrelas subxigantes máis próximas ao sistema solar
[editar | editar a fonte]Nome | Denominación de Bayer | Tipo espectral | Masa (soles) | Distancia (anos luz) | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Procyon | Alfa Canis Minoris | F5 IV-V | 1,42 | 11,4 | Subxigante? |
Altair | Alfa Aquilae | A7 IV-V | 1,7 | 16,7 | Subxigante? |
Delta Pavonis | G5-8 IV-V | 1,17 | 19,9 | Subxigante? | |
Beta Hydri | G2 IV | 1,1 | 24,4 | ||
Mu Herculis Aa | G5 IV | 1,1 | 27,4 | ||
Ra | Delta Eridani | K0 IVe | 1,2 | 29,5 | |
Rutilicus Aa | Zeta Herculis | F9-G2 IV | 1,5 | 35,2 | |
Zavijava A | Beta Virginis | F8-A5 IV-V | 1,3-1,4 | 35,6 | Subxigante? |
11 Leonis Minoris | G8 IV-V | 0,86 | 36,5 | Subxigante? | |
Mufrid A | Eta Bootis | G0 IV | 1,6-1,7 | 37,0 | |
Deneb Algedi A | Delta Capricorni | A5-7 IVm | > 1 | 38,6 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |