Saltar ao contido

Subida á Estrada

Modelo:Competición deportivaSubida á Estrada
Imaxe
28ª Subida á Estrada
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportecarreira de montaña Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato de Galicia de Montaña Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónA Estrada (Provincia de Pontevedra) 42°41′21″N 8°29′14″O / 42.689166666667, -8.4872222222222 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1971 – Editar o valor en Wikidata

A Subida á Estrada é unha carreira automobilística de montaña que se disputa na Estrada e que puntúa para o Campionato de Galicia de Montaña. Celebrada de xeito intermitente dende 1971 é a segunda subida galega con máis edicións disputadas, só por detrás da Subida a Chantada.[1]

A proba nace en 1971, cando se celebra a primeira edición durante as festas de San Paio, organizada pola Escudería Pontevedra a petición de Alejandro Durán, quen se ocuparía da organización das seguintes edicións como presidente da Escudería Estradense. O Porsche 911 R de Humberto Rodríguez foi o vencedor nas dúas primeiras edicións,[2] disputándose a proba de xeito ininterrompido ata 1977, anos nos que destaca a vitoria en 1975 de Beny Fernández a bordo do Alpinche de Estanislao Reverter, só unha semana despois de debutar con el no Rally de Ourense.[1] En 1975 entrou a formar parte do novo Campionato Galego de Automobilismo.[3]

Tras uns anos sen celebrarse, volveu en 1982, xa como parte do Campionato de Galicia de Montaña, e coa segunda vitoria de Alberto González "Camba". Nos seguintes anos sufriu varias interrupcións ata que logrou ter regularidade a partir de 2008, ano no que Cristóbal Serantes conseguiu a primeira das súas catro vitorias consecutivas.[4] Tras a vitoria de Jacobo Sobral en 2014 a proba non se levou a cabo durante os dous anos seguintes, ata que en 2017 volveu ao calendario cunha nova vitoria de Sobral.[5] Alexis Viéitez gañou nas edicións de 2018 e 2019, mentres que a de 2020 foi suspendida pola pandemia por coronavirus.[6]

Enumeración

[editar | editar a fonte]

Hai un problema coa numeración das diferentes edicións.[7] O problema produciuse por mor das diferentes edicións en que non se celebrou o que provocou que fosen saltando as edicións ata que en 2014 se regularizou. Así, despois de 1989 (XII edición), non houbo máis edicións ata 1994 que pasou a ser, erroneamente, a XIV edición. De novo, non se celebrou durante nove anos, e no 2003, se celebrou a XII edición. E tras outro parón, en 2008, se presentou como a XIII edición, e xa, con edicións correlativas ata que en 2014, se pediu permiso á Federación para ordenar o número real de edicións, polo que se saltou ata a XXI, cando no 2013 se celebrara a XVIII. Unha vez conseguido o permiso, continúa a ordenación real.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Edición Vencedor Vehículo
1971 I Subida á Estrada Galicia Humberto Rodríguez Porsche 911 R
1972 II Subida á Estrada Galicia Humberto Rodríguez Porsche 911 R
1973 III Subida á Estrada Galicia Eusebio Bonjoch Fiat Abarth 2000
1974 IV Subida á Estrada Galicia Luis Quinzán Alpine A110 1600
1975 V Subida á Estrada Galicia Beny Fernández Alpinche
1976 VI Subida á Estrada Galicia Luis Quinzán Fórmula Martini MK-12 F1800
1977 VII Subida á Estrada Galicia Camba Selex ST-4/F 1800
Non se celebrou
1982 IX Subida á Estrada Galicia Camba Selex ST-4 2000
1983 X Subida á Estrada España Víctor Abraham Selex ST-4 2000
1984 XI Subida á Estrada España Francisco Egozkue Lola BMW
Non se celebrou
1989 XII Subida á Estrada España Víctor Abraham Osella BMW
Non se celebrou
1994 XIV Subida á Estrada España Víctor Abraham Martini MK-34 Alfa
Non se celebrou
2003 XII Subida á Estrada Galicia Bamarti Mitsubishi Lancer Evo VI
Non se celebrou
2008 XIII Subida á Estrada Galicia Cristóbal Serantes Fórmula Outeda
2009 XIV Subida á Estrada Galicia Cristóbal Serantes Fórmula Ralt RT-34
2010 XV Subida á Estrada Galicia Cristóbal Serantes Fórmula Ralt RT-34
2011 XVI Subida á Estrada Galicia Cristóbal Serantes Fórmula Ralt RT-34
2012 XVII Subida á Estrada Galicia Toño Varela Osella PA20-S
2013 XVIII Subida á Estrada Galicia Sergio Varela Silver Car S2
2014 XXI Subida á Estrada Galicia Jacobo Sobral Silver Car S2
Non se celebrou
2017 XXII Subida á Estrada Galicia Jacobo Sobral Silver Car S2
2018 XXIII Subida á Estrada Galicia Alexis Viéitez Fórmula Outeda Mk
2019 XXIV Subida á Estrada Galicia Alexis Viéitez Fórmula Dicode BFR
2021 XXV Subida á Estrada Galicia Adrián Rozados CM Silver Car EF10
2022 XXVI Subida á Estrada Galicia Jacobo Senín Nova Proto NP01 EMAP
2023 XXVII Subida á Estrada Galicia Jacobo Senín Nova Proto NP01 EMAP
2024 XXVIII Subida á Estrada Galicia Jacobo Senín Nova Proto NP01 EMAP
  1. 1,0 1,1 Figueiredo Pérez, Javier; Martínez Piñeiro, Jesús. "Historia de la Subida automovilística a A Estrada" (PDF) (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  2. "Humberto Rodríguez, vencedor de la II Subida a La Estrada" (en castelán). 30 de xuño de 1972. p. 22. 
  3. Martínez Moratinos, M. (4 de febreiro de 1975). "En marcha el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). p. 23. 
  4. García Calvo, Lorena (27 de xuño de 2011). "Serantes prolonga su reinado en la subida a A Estrada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  5. "Alexis Viéitez se proclama campeón gallego de Montaña en A Estrada". Faro de Vigo (en castelán). 18 de outubro de 2017. Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  6. "Cancelada la Subida a Estrada 2020" (en castelán). 21 de maio de 2020. Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  7. Redacción (7 de xuño de 2014). "La Subida á Estrada gana años". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]