Star (foguetes)
Star é unha ampla familia de motores foguete de propelente sólido fabricados por Thiokol e con diversas aplicacións, desde uso como etapas en foguetes espaciais a motores de apoxeo e retrofoguetes.
Motores
[editar | editar a fonte]Star 10
[editar | editar a fonte]Star 10 é un motor de propelente sólido para retropropulsión en satélites artificiais. Orixinalmente o motor usaba TP-G-3012 como propelente, pero debido a que xa non se fabrica agora usa TP-H-3340. Debido á maior temperatura de combustión cambiouse tamén a tobeira orixinalmente feita de molibdeno a unha de grafito. Ten un impulso de 3,35 kN, unha masa de 18 kg cando está cheo e de 6 kg baleiro, un diámetro de 0,25 m, un impulso específico de 251 s e un tempo de combustión de 9 segundos.[1]
Star 12 e Star 12A
[editar | editar a fonte]Star 12, ao igual que Star 10, úsase para retropropulsión en satélites artificiais, e do mesmo xeito o motor usaba TP-G-3012 como propelente, cambiado despois a TP-H-3340. Igualmente substitúe a tobeira orixinalmente molibdeno por unha de grafito. Ten un impulso de 5,56 kN, unha masa de 28 kg cando está cheo e de 10 kg baleiro, un diámetro de 0,30 m, un impulso específico de 252 s e un tempo de combustión de 7,50 segundos. O Star 12A é unha versión alongada do Star 12, con maior pulo (7,25 kN) e masa (34 kg cheo, 11 kg baleiro) e lixeiramente maior diámetro (0,31 m).[2][3]
Star 13, 13A, 13B, 13C, 13D, 13E e 13F
[editar | editar a fonte]Star 13 deseñouse para ser usado como motor de freado e inserción orbitla dos satélites AIMP. A versión básica tiña 3,8 kN de pulo, unha masa cheo de 36 kg e baleiro de 5 kg, un impulso específico de 273 e un tempo de combustión de 22 s, cun diámetro de 0,33 m. O propelente vai contido nun recipiente esférico de titanio. Star 13A usaba un propelente distinto, proporcionando maior pulo (5,87 kN), sendo usado como foguete para inserción orbital nalgúns foguetes Thor Burner II. Star 13B, pola súa banda, tiña un diámetro e pulos lixeiramente maiores (0,33 m e 7,60 kN) e usouse para axustar o plano orbital en lanzamentos de foguetes Delta. Star 13C, Star 13D, Star 13E e Star 13F foron versión sucesivamente melloradas.[4]
Star 17 e Star 17A
[editar | editar a fonte]Star 17 usouse como motor de inserción orbital en varios satélites, como SOLRAD. Tiña un pulo de 10,90 kN, unha masa de 79 kg cheo e de 9 kg baleiro, un diámetro de 0,44 m, un impulso específico de 286 s e un tempo de combustión de 18 segundos. O Star 17A é unha versión modificada do Star 17, máis alongada e con maior pulo (16,01 kN) e masa (126 kg cheo, 14 kg baleiro).[5][6]
Star 24, 24A, 24B e 24C
[editar | editar a fonte]Star 24 usouse como motor de apoxeo en varios lanzamentos, entre eles o de LAGEOS. Ten un pulo de 20,0 kN, unha masa de 218 kg cheo e de 18 kg baleiro, un diámetro de 0,62 m, un impulso específico de 283 s e un tempo de combustión de 30 segundos. Star 24A, Star 24B e Star 24C foron versións sucesivamente melloradas[7]
Star 26, 26B e 26C
[editar | editar a fonte]Star 26 usouse como etapa superior do vehículo Strypi IV. Foi a primeira etapa superior de propelente sólido de aplicación xeral con capacidades completas de control e guiado. Tiña un pulo de 39,10 kN, unha masa de 268 kg cheo e de 37 kg baleiro, un diámetro de 0,66 m, un impulso específico de 271 s e un tempo de combustión de 18 segundos. Star 26B, coñecido tamén como Burner 2A, usouse como etapa superior do Thor Burner 2A. Star 26C usa unha estrutura de titanio para mellorar a proporción de propelente a masa.[8]
Star 27, 27A, 27B, 27C, 27D, 27E e 27F
[editar | editar a fonte]Star 27 usouse como motor de apoxeo para varios satélites, como algúns satélites GPS e GOES. Ten un pulo de 27,0 kN, unha masa de 361 kg cheo e de 27 kg baleiro, un diámetro de 0,69 m e unha lonxitude de 1,30 m, un impulso específico de 288 s e un tempo de combustión de 34 segundos. Star 27C, Star 27D, Star 27E e Star 27F son versións melloradas deste motor.[9]
Star 30, 30A, 30B, 30BP, 30C e 30E
[editar | editar a fonte]Star 30 usouse como motor de apoxeo para varios satélites. Ten un pulo de 27,0 kN, unha masa de 492 kg cheo e de 28 kg baleiro, un diámetro de 0,76 m e un impulso específico de 293 s. Star 30A, Star 30B, Star 30C, Star 30E e Star 30BP son versións melloradas deste motor.[10]
Star 37, 37B, 37C, 37D, 37E, 37F, 37FM, 37G, 37N, 37S, 37X, 37XE, 37XF, 37XF 8, 37XFP e 37Y
[editar | editar a fonte]Star 37 é toda unha subfamilia dentro dos motores Star. A versión básica usouse como etapa superior e tamén coñecíase como Burner 2. Tiña un pulo de 43,50 kN, unha masa de 621 kg cheo e de 63 kg baleiro, un diámetro de 0,66 m e unha lonxitude de 0,84 m, un impulso específico de 260 s e un tempo de combustión de 42 segundos. Voou por primeira vez en 1963. O resto de versións eran melloras ao deseño básico.[11]
Star 48, 48 8, 48A1, 48As, 48B, 48B1, 48Bs e 48V
[editar | editar a fonte]Star 48, coñecido tamén como PAM D, usouse nalgúns foguetes Delta. Tiña un pulo de 67,20 kN, unha masa de 2114 kg cheo e de 114 kg baleiro, un diámetro de 1,24 m e unha lonxitude de 2,04 m, un impulso específico de 287 s e un tempo de combustión de 88 segundos. Voou por primeira vez en 1982. O resto de versións eran melloras ao deseño básico.[12]
Star 63, 63D e 63F
[editar | editar a fonte]Star 63, coñecido tamén como PAM D2, usouse nalgúns voos do transbordador espacial, no Titan 34D e nalgúns Delta 7925. Tiña un pulo de 107,2 kN, unha masa de 3697 kg cheo e de 431 kg baleiro, un diámetro de 1,60 m e unha lonxitude de 1,83 m, un impulso específico de 282 s e un tempo de combustión de 120 segundos. Voou por primeira vez en 1990. O resto de versións eran melloras ao deseño básico.[13]
Star 75
[editar | editar a fonte]Star 75, coñecido tamén como 105-KS-45 e TE-M-775-1. Ten un pulo de 242,8 kN, unha masa de 8068 kg cheo e de 565 kg baleiro, un diámetro de 1,91 m e unha lonxitude de 2,59 m, un impulso específico de 288 s e un tempo de combustión de 105 segundos.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mark Wade (2021). "Star 10" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 12" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 12A" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 13" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 17" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 17A" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 24" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 26" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 27" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 30" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 37" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 48" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 63" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ Mark Wade (2021). "Star 75" (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Star |