Saltar ao contido

St. Louis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «St. Louis, Missouri»)
Modelo:Xeografía políticaSt. Louis
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoLois IX de Francia Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°37′35″N 90°11′58″O / 38.6264, -90.1994
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoMisuri Editar o valor en Wikidata
Capital de
Capitalsen valor Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación301.578 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.763,34 hab./km²)
Número de fogares143.566 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaGreater St. Louis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:2.820.253) Editar o valor en Wikidata
Superficie171,02625 km² Editar o valor en Wikidata
Auga6,2465 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Mississippi Editar o valor en Wikidata
Altitude149 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1764 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataTishaura Jones (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal63101–63113, 63115, 63116–63118, 63120, 63123, 63136, 63137, 63139, 63143, 63147 e 63155 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico314 Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE29510 Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS767557 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
San Luis Potosí
São Luís do Maranhão
Yoqneam (pt) Traducir
Donegal
Stuttgart (1960–)
Suwa (1974–)
Lión (1976–)
Galway (1977–)
Nanjing (1979–)
Boloña (1987–)
Georgetown (1990–)
Samara (1992–)
Szczecin (1992–)
Wuhan (1994–)
Saint-Louis (pt) Traducir (1994–)
Condado de Donegal (1994–)
Bogor (pt) Traducir (2004–)
Brčko (2008–)
Rosario (2017–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webstlouis-mo.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455870

St. Louis (en francés: Saint-Louis ou St-Louis) é unha cidade estadounidense situada na fronteira oriental de Missouri, e é a segunda maior cidade do estado. Cunha poboación de 318 069 en xullo de 2011 foi a 58ª cidade estadounidense en 2010 segundo o Censo dos Estados Unidos. A área estatística combinada (CSA) de Greater St. Louis ten unha poboación de 2 882 932 habitantes e é a 15ª maior do país e a maior en Missouri.

A cidade de St. Louis foi fundada en 1764 por Pierre Laclède e Auguste Chouteau, e despois da compra de Luisiana, converteuse nun importante porto no río Mississippi. A súa poboación expandiuse despois da guerra civil americana, e converteuse na cuarta cidade máis grande dos Estados Unidos no século xix. Separouse de St. Louis County en marzo de 1877, o que permitiu que se convertese nunha cidade independente e que se limitasen as súas fronteiras políticas. En 1904, foi sede da feira mundial e dos Xogos Olímpicos. A poboación da cidade alcanzou o seu punto máximo en 1950, e logo comezou un longo declive que continúa no século XXI.

A economía de St. Louis baséase no servizo, a fabricación, o comercio, o transporte de mercancías e o turismo. A cidade é o fogar de varias corporacións, incluíndo Peabody Energy, Ameren, Ralcorp e Sigma-Aldrich. En St. Louis teñen tres equipos deportivos profesionais: O St. Louis Cardinals, un dos maior éxito da Liga de Béisbol, no hóckey o St. Louis Blues e no fútbol americano o St. Louis Rams. A cidade identifícase de xeito maioritario co arco da entrada, parte do Jefferson National Expansion Memorial no centro de St. Louis.

A área que se convertería en St. Louis era o centro da cultura nativa americana do Mississippi, onde foron construídos numerosos templos e residencias movendo a terra da rexión, dando lugar á súa denominación popular Mound City. A exploración europea da zona comezou en 1673, cando os exploradores franceses Louis Jolliet e Jacques Marquette viaxaron polo val do río Mississippi. Cinco anos máis tarde, La Salle reclamou a rexión para Francia como parte da Luisiana francesa.

Os primeiros asentamentos da zona construíronse en Illinois (tamén coñecido como o Alto de Luisiana) durante a década de 1700 e principios de 1760 en Cahokia, Kaskaskia e Fort de Chartres. Os emigrantes dos pobos orientais franceses fundaron Ste. Genevieve, Missouri, a través do río Mississippi dende Kaskaskia, xa a principios de 1764, Pierre Laclede e o seu fillastro Auguste Chouteau fundaron a cidade de St. Louis.

Dende 1764 ata 1803 o control europeo da zona oeste de Mississippi na parte máis setentrional da conca do río Missouri, chamada Luisiana, foi asumido polos españois como parte do Vicerreinado da Nova España. En 1780, St. Louis foi atacado polas forzas británicas, na súa maioría indíxenas estadounidenses, durante a Guerra da Independencia.

Século XIX

[editar | editar a fonte]

St. Louis transferiúselle a Francia en 1800, e logo foi vendido aos Estados Unidos en 1803 como parte da compra de Luisiana, e a cidade converteuse na capital territorial. Pouco despois da compra, a expedición de Lewis e Clark deixou St. Louis en maio de 1804, alcanzando o océano Pacífico no verán de 1805 e regresando o 23 de setembro de 1806. Tanto Lewis como Clark quedaron a vivir en St. Louis. Moitos exploradores, tanto colonos coma cazadores (como Ashley Hundred) máis tarde tomaron unha ruta similar á de Occidente. A cidade elixiu os primeiros lexisladores municipais (denominados administradores fiduciarios) en 1808.

Os barcos de vapor apareceron por primeira vez en St. Louis en 1818, mellorando as conexións con Nova Orleáns e os mercados orientais. Missouri converteuse en estado en 1821, e a capital trasladouse a St. Louis, que foi incorporada como cidade en 1822 e continuou medrando grazas ás conexións portuarias.

Os inmigrantes de Irlanda e Alemaña chegaron a St. Louis en masa a partir da década de 1840, e a poboación da cidade medrou de menos de 20 000 en 1840 a 77 860 en 1850, e a máis de 160 000 en 1860. A mediados da década de 1800, St. Louis tiña unha poboación maior cá de Nova Orleáns. St. Louis é a cidade máis grande que foi controlada polos franceses na Luisiana francesa.

Durante a Guerra Civil Americana foi lugar de importantes divisións, pero non de combates que se deron en 1861 no Campamento Affair Jackson. A guerra case arruinou economicamente a cidade debido ao bloqueo do tráfico fluvial. Finalmente St. Louis saíu ben parada grazas á construción da primeira ponte (Eads) da zona sobre o río Mississippi en 1874.

O 22 de agosto de 1876, a cidade de St. Louis, votou separarse do Condado, e converterse en cidade independente. A súa enorme produción indrustrial continuou ao largo do século XIX, sendo lugar de empresas de renome. Tamén alí foi construído o Wainwritight Building, un rañaceos de principios de 1892.

Século XX

[editar | editar a fonte]

En 1904, a cidade foi sede da Exposición Mundial e dos Xogos Olímpicos, converténdose na primeira cidade americana que organizou os Xogos. As ganancias da cidade proveñen principalmente da feira Forest Park, do St. Louis Art Museum, o Zoo de St. Louis e o Museo de Historia de Missouri.

A discriminación, a segregación e restricións por causas raciais ou relixiosas era común na década de 1910 nesta cidade. A NAACP loitou contra estas causas durante a segunda guerra mundial e en 1970 continuábase a loitar contra elas.

Ao longo dos anos, a poboación aumentaba significativamente con motivo das empresas que se creaban en St.Louis, chegando aos 856 796 habitantes. Hoxe en día[cando?] a cidade céntrase máis na renovación urbana, o que lle permitiu obter o premio en 2006 ao Liderado Mundial en favor desta causa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Topografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o United States Census Bureau, St. Louis ten unha superficie total de 171,3 km² (dos cales 160,4 km² de terra e 11 km² de auga).

A cidade está construída principalmente en acantilados e socalcos que se elevan por encima dos 100-200 metros da ribeira oeste do río Mississippi. Gran parte da zona é unha terra chá fértil e que ten pequenos montes e vales amplos e pouco profundos. Tanto o río Mississippi coma o Missouri cortaron grandes vales de forma ancha.

A maioría da pedra é calcaria e dolomita. Existen covas, pero a maioría foron cerradas. Algúns mananciais seguen sendo visibles. O carbón, o barro e o mineral de millerita extráense da cidade. O río Peres é practicamente o único que se atopa dentro dos límites da cidade, que ocasionou en 1993 unha Grande Inundación.

A fronteira leste da cidade é o río Mississippi, que tamén separa Missouri de Illinois. O río Missouri forma a fronteira norte do condado de St. Louis, a excepción dunhas poucas áreas onde o río cambiou o seu curso. O río Meramec forma a maior parte da fronteira sur de St. Louis.

(Datos obtidos do Aeroporto Internacional de St. Louis.)

St. Louis atópase na zona de transición entre un tipo de clima continental húmido e un tipo de clima subtropical húmido, nin as grandes montañas nin as grandes masas de auga conseguen moderar a temperatura. Está suxeito ao frío aire ártico xunto ao aire quente e húmido tropical do golfo de México.

A cidade ten catro estacións moi ben diferenciadas. A primavera é a estación máis húmida, cun mal tempo que nos leva dende os tornados ata as tormentas invernais. Os veráns son quentes e húmidos; as temperaturas van dende os 32 °C (que se producen 35 ou 40 días ao ano) ata os 38 °C (nunha media de 5 días). O outono é morno, cunha humidade máis baixa que pode producir episodios intermitentes de fortes choivas coas primeiras neves que normalmente caen a mediados ou finais de novembro. Os invernos son fríos e con neve, con temperaturas baixo cero. As tormentas do inverno poden ser de choiva intensa conxelada, sarabia ou neve. A temperatura media anual rexistrada no Aeroporto Internacional de St. Louis é de 14 °C e as precipitacións de 1.040 mm. A temperatura máis alta en xullo é de 32 °C e a baixa en xaneiro é de -5 °C, aínda que varía de ano en ano. As temperaturas extremas tanto baixas coma altas, danse soamente uns 3 días ao ano. O rexistro máis baixo deuse o 23 de decembro de 1989 de -27 °C e o rexistro máis alto deuse o 14 de xullo de 1954 con 46 °C. O mes de xullo de 2012 foi o máis caloroso en 138 anos, cunha media de 31 °C. O inverno é a estación máis seca, con 191 mm de precipitación. As nevadas estacionais miden ata 50 cm. A primavera é a temporada máis húmida, con 297 mm de precipitación. Os períodos secos duran unha ou dúas semanas, e son comúns durante as estacións de crecemento. St. Louis sofre tormentas durante uns 48 días ao ano de media, normalmente en primavera e poden ser moi duras, con refachos de vento moi forte, pedrolos de sarabia e tornados (dos que algúns teñen historias bastante prexudiciais). Cando, nalgúns outonos continúa o clima cálido coñecido como verán de San Martiño, algunhas rosas continúan en flor ata case principios de decembro.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

Antes da fundación da cidade, a zona era de pradaría e bosque aberto, mantidos pola queima dos nativos americanos. As árbores son principalmente de carballo, pradairo e nogueira, parecido aos bosques das montañas de Orzak. As zonas da ribeira son boscosas, de sicómoro estadounidense principalmente. St. Louis é a cidade que está máis ao norte na que se poden cultivar palmeiras durante todo o ano.

Na maior parte da zona residencial da cidade, plántanse árbores grandes que fagan sombra e que sexan autóctonos. A maior área de bosque autóctono atópase no Forest Park. En outono, o cambio de cor das follas nótase moito. A maioría das especies son típicas do leste, aínda que numerosas especies son invasoras, coma a madreselva xaponesa, que trata de retirarse dos parques.

Os grandes mamíferos que se encontran na cidade son coiotes e veados de cola branca, roedores como o esquío gris oriental e o coello de cola de algodón, así como a Didelphis virginiana. As aves grandes son abundantes nos parques, como o ganso do Canadá e o lavancos, así como aves costeiras como a garza branca ou a garza cinza. As gaivotas son comúns ao longo do río Mississippi, xa que estas especies seguen o tráfico de barcazas. En inverno, atópanse poboacións de aguias calvas xunto ao río Mississippi, en torno á ponte de Chain of Rocks. A cidade está na ruta migratoria do Mississippi, utilizada por aves migratorias, e ten unha gran variedade de especies de aves pequenas, comúns ao leste dos Estados Unidos. O pardal orelleiro, unha especie introducida, limítase en América do Norte aos condados dos arredores de St. Louis. Tower Grove Park é unha área de observación de aves moi coñecida na cidade. As ras atópanse de xeito común na primavera, sobre todo despois de extensos períodos húmidos. As especies comúns inclúen o sapo Anaxyrus americanus e as ras Pseudacris crucifer, que se atopan na primavera en case todos os estanques. Ao redor destes lugares atopamos tamén xoaniñas e carricantas. Os mosquitos e as moscas domésticas comúns son moi abundantes, polo que os edificios adoitan contar con pantallas protectoras. As poboacións invasoras de abellas diminuíron moito nos últimos anos, e numerosas especies nativas de insectos polinizadores recuperáronse para encher o seu nicho ecolóxico.

Demografía

[editar | editar a fonte]

St. Louis medrou lentamente ata a Guerra Civil Americana, cando a industrialización e a inmigración provocou un "boom" e alcanzou o máximo pico de poboación en 1950. Este ano, a Oficina do Censo informou de que a poboación de St. Louis era un 82% branca e un 17,9% afroamericana. Despois da segunda guerra mundial, St. Louis comezou a perder poboación dos suburbios, en primeiro lugar debido á crecente demanda de novas vivendas.

De acordo co censo de 2010 dos Estados Unidos, St. Louis tiña 319 294 persoas que viven en 142 057 fogares, dos cales 67 488 eran familiares. A densidade de poboación era de 5 158,2 persoas por 1 990,6 km². Ao redor do 24% da poboación tiña 19 anos ou menos, o 9% de 20 a 24 anos, o 31% de 23 a 44, o 25% de 45 a 64 e o 11% tiña 65 anos ou máis. A idade media era de 34 anos.

A poboación era do 49,2% afroamericano, o 43,9% brancos (dos cales o 42,2% eran brancos non hispanos), o 2,9% asiáticos o 0,3% nativos americanos de Alasca e o 2,4% eran mesturas de dúas ou máis razas.

No 2000 a renda mediana para unha casa na cidade era de $29 156, e a renda mediana para unha familia era de 32 585 dólares. Os varóns tiñan unha renda mediana de $31 106, as mulleres de $26 987. O ingreso per cápita foi de 18 108 dólares. Cerca do 19% das vivendas da cidade estaban baleiras, e un pouco menos da metade delas non eran estruturas libres para a venda ou o alugueiro. En 2010, as doazóns per cápita en liña e o voluntariado atopábase entre as máis altas de todos os Estados Unidos.

Economía

[editar | editar a fonte]

No 2012 o produto bruto metropolitano (GMP) de St. Louis foi de 133 100 millóns de dólares, o 21º máis alto do país. De acordo co Censo Económico do 2007, a fabricación na cidade levou a cabo cerca de 11 mil millóns de dólares en negocios, seguido polo coidado da saúde e a industria de servizos sociais con 3,5 mil millóns, servizos profesionais ou técnicos con 3,1 mil millóns, e o comercio polo miúdo con 2 500 millóns de dólares. O sector da saúde foi o maior empregador na área, con 34 000 traballadores, seguido por traballos administrativos e de apoio, con 24 000, fabricación, con 21 000, e servizo de comida con 20 000.

Os ríos de St. Louis xogan un papel importante nas mercancías que circulan, especialmente de materias primas a granel, como cereais, carbón, sal e algúns produtos químicos e derivados do petróleo. O porto de St. Louis, en 2004, foi o terceiro porto de terra de máis grande tonelaxe no país, e o 21 máis grande de calquera tipo.

Cos numerosos emigrantes franceses católicos nos séculos XIX e XX, St. Louis é un centro importante na relixión católica nos EUA. St. Louis tamén conta coa maior Ethical Culture Society no país. Varios lugares de culto da cidade son dignos de mención, como a Catedral-Basílica de St. Louis, onde se atopa o mosaico máis grande do mundo.

Outras igrexas locais tamén inclúen a basílica de San Lois, rei de Francia, a catedral católica romana máis antiga ao oeste do Mississippi, a Abadía de St. Louis, cuxo estilo arquitectónico gañou múltiples premios no momento da súa finalización en 1962, e o oratorio de San Francisco de Sales, unha igrexa neogótica terminada en 1908, e a segunda igrexa máis grande da cidade.

Atraccións culturais son: o Gateway Arch e Delmar Loop. Na cidade destacan as artes escénicas e a música como o blues, o jazz e o ragtime. A cidade é o fogar da Orquestra Sinfónica de St. Louis, a segunda máis antiga dos Estados Unidos e ata 2010, tamén foi o fogar de KFUO-FM unha das máis antigas estacións de radio de música clásica ao oeste do río Mississippi.

St. Louis, é unha cidade única, que inclúe unha cociña rexional na que salienta a torrada de ravioli, o pastel de manteiga, o queixo Provel, o fondeiro, o sándwich Gerber, o sándwich de St. Paul e a pizza típica.

St. Louis é o fogar de equipos profesionais de fútbol americano, béisbol e hóckey. Tamén hai equipos universitarios e afeccionados.

Equipos deportivos profesionais de St. Louis
Club Deporte Liga Lugar
St. Louis Cardinals béisbol Major League Baseball Busch Stadium
St. Louis Rams fútbol americano National Football League Edward Jones Dome
St. Louis Blues hóckey sobre xeo National Hockey League Scottrade Center

A cidade ten máis de 100 parques, que inclúen instalacións deportivas, parques infantís, lugares para concertos, zonas de pícnic e lagos. O que máis destaca é o Forest Park, situado no bordo occidental da cidade, que é o parque máis grande da cidade, aínda que non é o máis grande da rexión. Outro parque importante da cidade é o Jefferson National Expansion Memorial, un monumento nacional sito na ribeira do río no centro de St. Louis. A peza central do parque, o Gateway Arch, deseñada polo arquitecto Eero Saarinen, mide 192 m de altura e rematouse o 28 de outubro de 1965. Tamén forma parte o antigo Palacio da Xustiza, onde se celebraron os dous primeiros xuízos de Dred Scott v. Sandford en 1847 e 1850.

Outros parques son o Xardín Botánico de Missouri, Tower Grove Park e Citygarden. O xardín botánico é un centro de investigación privado e inclúe o Climatron, un invernadoiro construído como unha cúpula xeodésica. O Tower Grove é un regalo á cidade de parte de Henry Shaw; alí atópanse todo tipo de esculturas de diversos autores: Julian Opie, Mark di Suvero... O parque divídese tamén en tres seccións, cada unha das cales representa un tema diferente: acantilados fluviais, terras chás inundadas e xardíns urbanos. O parque conta tamén cun restaurante (The View Terrace). Outro parque de esculturas no centro da cidade é o Parque de Esculturas de Serra, coa escultura de Richard Serra, Twain (1982).

Educación

[editar | editar a fonte]

As 77 escolas públicas no centro da cidade están rexidas por un consello designado polo Estado e teñen máis de 25 000 estudantes. A cidade conta tamén con varios colexios privados, laicos, católicos e luteranos.

St. Louis ten dúas universidades nacionais de investigación, a Universidade de Washington en St. Louis e a St. Louis University, segundo a clasificación de acordo coa Clasificación Carnegie de intistitucións de educación superior.

Ademais conta cun seminario: Covernant Theological Seminary.

St. Louis conta cun amplísimo mercado de medios de comunicación, o 21º dos Estados Unidos, unha posición que mantén con pouca variación dende hai máis de dez anos. Todas as principais canles de televisión dos Estados Unidos teñen filiais en St. Louis, incluíndo KTVI 2 (Fox), KMOV 4 (CBS), KSDK 5 (NBC), KETC 9 (PBS), KPLR-TV 11 (CW), KDNL 30 (ABC), WRBU 46 (MNTV) e WPXS 51 Daystar Television Network. Entre as estacións de radio as máis populares de St. Louis son KMOX (AM), KLOU (FM), WIL-FM (FM), WARH (FM), e KSLZ (FM). St. Louis tamén é compatible coa radio pública con KWMU, un NPR afiliado, e a radio comunitaria con KDHX . Todas as estacións de deportes, tales como KFNS 590 AM "The Fan", WXOS "ESPN 101.1", e KSLG tamén son populares en St. Louis.

O St. Louis Post-Dispatch é o principal xornal da rexión. Outros periódicos da rexión son Suburban Journals, e Riverfront Times, periódico alternativo principal. Existen tres semanarios populares entre a comunidade afroamericana: o St. Louis Argus, o St. Louis American e o St. Louis Sentinel. Tamén existen outros non menos importantes como o St. Louis Business Journal ou o St. Louis Beacon.

Arquitectura e barrios

[editar | editar a fonte]

St. Louis posúe diferentes exemplos significativos da arquitectura do século XIX. A cidade está divida en 79 barrios designados polo goberno. As divisións da veciñanza non teñen entidade xurídica, aínda que algunhas asociacións de veciños administran as doazóns e tratan de ter poder de veto sobre o desenvolvemento histórico do distrito.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

St. Louis está irmandada con 16 cidades: