Saltar ao contido

Sondre Norheim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSondre Norheim

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Sondre Auverson Editar o valor en Wikidata
10 de xuño de 1825 Editar o valor en Wikidata
Morgedal, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 1897 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Dacota do Norte, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesquiador alpino, saltador de esquí, Nordic combined skier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporteesquí alpino
Salto de esquí
combinado nórdico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Øvrebø-49

Sondre Norheim, nado como Sondre Auverson en Øverbø, o 10 de xuño de 1825 e finado o 9 de marzo de 1897, foi un esquiador noruegués que está considerado como o pioneiro do esquí moderno. Tamén é coñecido como o "pai" do esquí Telemark.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Sondre Auverson naceu en Øverbø e medrou en Morgedal unha localidade de Kviteseid, no condado de Telemark, Noruega. Esquiar era unha actividade moi popular en Morgedal, e Sondre fixo do descenso libre unha actividade recreativa, gañando fama pola súa habilidade. Realizou varias inovacións na tecnoloxía do esquí deseñando novos equipamentos, como diferentes ligazóns e esquís máis curtos cos lados curvos. Tamén creou o esquí de Telemark, que é a orixe dos prototipos actualmente producidos. Sondre Norheim foi recoñecido polos seus contemporáneos como un mestre na arte de esquiar. Combinou o esquí vulgar cos saltos e o slalom. En 1868, gañou a primeira competición nacional de esquí en Christiania, derrotando aos seus adversarios máis novos con moita vantaxe. Foi gañando reputación e creou novos termos como ski e slalåm coñecidos hoxe mundialmente.[1]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sondre Norheim - The Father of Modern Skiing de Anne-Gry Blikom e Eivind Molde (North American Heritage Press. Minot, Dakota do Norte. Outubro de 2003)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]