Son Trío
Son Trío | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galicia |
Período | 2018-Presente |
Membros | Su Garrido Pombo, Susanna Blanco, Katerina Linke |
Na rede | |
www.sontrio.eu |
Son Trío é un grupo independente de música galego formado en 2018 por Su Garrido Pombo, Susanna Blanco e Katerina Linke. Interpretan xeralmente cancións con composicións propias de Katerina sobre versos de poetas galegos como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres e outros, ademais de tocar ás veces tamén adaptacións de temas populares galegos.
A súa instrumentación habitual está baseada en instrumentos clásicos como o piano e o cello, pero cun estilo actual, coa voz tamén de Su Garrido Pombo, que se move entre estilos como o folk, bossa ou jazz.
Miña almiña
[editar | editar a fonte]Entre finais do ano 2019 e principios de 2020 autoeditan en formato físico e para plataformas dixitais o seu primeiro traballo discográfico, que gravan en Vila Angelina coa produción artística de Gonso Pedrido.
O traballo está composto por nove cancións con música orixinal sobre letras do poemario Follas novas de Rosalía de Castro.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Miña almiña (2019)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Premio 'Musicando a Rosalía' do Concello de Vigo
- II Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados
- Finalistas do VI Premios Martín Códax da Música na categoría de Clásica/Contemporánea
- Finalistas dos V Premios Martín Códax da Música na categoría de Clásica/Contemporánea
- Finalistas dos Premios MIN a mellor álbum en galego de 2019