Saltar ao contido

Somalilandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSomalilandia
Jamhuuriyadda Somaliland (so)
JSL (so) Editar o valor en Wikidata

HimnoSamo ku waar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°48′N 46°12′L / 9.8, 46.2
CapitalHargeisa Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Awdal (pt) Traducir
Saaxil (pt) Traducir
Sanaag (pt) Traducir
Sool (pt) Traducir
Togdheer (pt) Traducir
Woqooyi Galbeed (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.171.898 (2020) Editar o valor en Wikidata (23,57 hab./km²)
Lingua oficialLingua somalí
lingua árabe
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie177.000 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoShimbiris (pt) Traducir (2.460 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación18 de maio de 1991 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
• Governor of Somaliland (en) Traducir Editar o valor en WikidataMuse Bihi Abdi (pt) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Somaliland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governor of Somaliland (en) Traducir Editar o valor en WikidataAbdirahman Mohamed Abdullahi (pt) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Somaliland (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
MoedaXelim somalilandês (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico 252 Editar o valor en Wikidata

Páxina webgovsomaliland.org Editar o valor en Wikidata
Facebook: TheRepublicOfSomaliland Twitter: GovernmentWeb Instagram: govsomaliland Editar o valor en Wikidata

Somalilandia ou República de Somalilandia (en somalí: Jamhuuriyadda Soomaaliland; en árabe جمهورية أرض الصومال Jumhūrīyat Arḍ aṣ-Ṣūmāl) é un país independente de facto, pero non recoñecido por todas as nacións, xa que a consideraban como unha rexión autónoma de Somalia.[1]

Situado ao noroeste da península de Somalia, no chamado Corno de África, limita ao norte co golfo de Adén, ao leste con Somalia (e hoxe, con Puntlandia, que se separou dela), ao sur e ao suroeste con Etiopía e ao oeste con Djibuti.

Orixe: formación da República Federal de Somalia

[editar | editar a fonte]
En verde, as rexións de Somalia que pasaron a formar Somalilandia; en gris, a antiga Somalia italiana.

A República de Somalilandia constituíuse co territorio da antiga Somalia británica, que formou parte do imperio Británico desde 1884 até o 26 de xuño de 1960, cando obtivo a independencia da Gran Bretaña.

Cando o 1 de xullo de 1960 obtén a independencia de Italia a antiga Somalia italiana, que fora, desde 1889 a 1908, un protectorado italiano, e desde este ano até 1936 o seu estatuto pasou a ser o de colonia.

Ambos os territorios unínronse daquela para formaren a República Federal de Somalia.

Proclamación da independencia

[editar | editar a fonte]

Porén, a unión non funcionou segundo as aspiracións da poboación desta rexión, polo que se desencadeou unha feroz guerra civil en 1991, que conduciu ao completo colapso de Somalia, o que permitiu a Somalilandia declarar a súa independencia.

Despois do derrubamento da República Somalí, a poboación de Somalilandia celebrou un Congreso no que se tomou a decisión de retirarse da unión con Somalia, atribuíndose unha soberanía autónoma.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Abdirahman Ahmed Ali Tur foi o primeiro presidente de Somalilania; sucedeuno, en 1993, Mohamed Ibrahim Egal. Egal foi confirmado en 1998 e permaneceu no poder até a súa morte, o 3 de marzo de 2002, sendo substituído polo vicepresidente Dahir Rayale Kahin. Kahin foi elixido presidente en 2003, converténdose no primeiro presidente de Somalilandia, elixido en eleccións libres; porén foi derrotado en 2010 por Ahmed Mohamed Haroun Silanyo.

O 5 de outubro de 2003, en Borama, foi morta Annalena Tonelli, misioneira italiana, natural de Forlì, no hospital que ela fundara.

Somalilandia, do mesmo xeito que Puntlandia, non se viu implicada nos eventos relacionados coa vitoria dos Tribunais Islámicos na guerra civil de Somalia en xuño de 2006 e na posterior reconquista das rexións meridionais polas tropas somalís e etíopes.

Guerra con Puntlandia

[editar | editar a fonte]

O 15 de outubro de 2007 as forzas armadas de Somalilandia tomaron o control da cidade de Las Anod, nunha batalla contra o exército de Puntlandia. Os gobernos de ambos os dous países preparéronse para declarar a guerra polo control da rexión, aínda que mantiveron conversacións e contaron coa mediación por parte de Etiopía, así como de representantes das Nacións Unidas.

Recoñecemento internacional

[editar | editar a fonte]

Somalilandia mantén relacións políticas co Reino Unido, Ruanda, Noruega, Kenya, Etiopía, Irlanda e a Unión Europea. Esta última, o 17 de xaneiro de 2007, enviou unha delegación para os asuntos africanos para discutir unha futura cooperación entre a UE e Somalilandia.

A Unión Africana enviou, o 29 e o 30 de xaneiro de 2007, ao seu ministro de relacións exteriores para discutir, por primeira vez, un posíbel recoñecemento internacional. Durante tod o ano de 2007 Somalilandia recibiu delegados da Unión Europea, Ghana, Ruanda, Italia, Etiopía, Reino Unido, Kenya e a República Checa.

O 21 de novembro de 2007 Somalilandia, por primeira vez desde a súa independencia, foi oficialmente invitada ao cumio da Commonwealth en Uganda.

O 27 de novembro de 2007, Annemie Neyts-Uyttebroeck, eurodeputada do Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (ALDE), un dos tres primeiros da Unión Europea, enviou unha carta a Javier Solana (Alto representante da Política Exterior e de Seguridade Común da UE) e ao presidente de Somalia Dahir Rayale Kahin, na que se fai o recoñecemento oficial da petición de Somalilandia por parte da Unión Europea.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Somalilandia ten unha superficie de 137 600 km². Limita con Djibuti ao oeste, con Etiopía ao sueste e ao suroeste, e con Somalia ao leste. Os territorios do leste de Somalilandia foron proclamados en 1998 como o estado de Puntlandia. Ao norte, Somalilandia limita co golfo de Adén.

Divisións territoriais

[editar | editar a fonte]
Inicialmente, seis rexiónes de Somalia incluíronse en Somalilandia (entre parénteses, as respectivas capitais):      1. Awdal (Baki)      2. Saahil (Berbera)      3. Maroodi-Jeeh (Hargeisa)      4. Toghdheer (Burao)      5. Sanaag (Erigavo)      6. Sool (Las Anod)

As rexións, as novas rexións e as provincias

[editar | editar a fonte]

Poesteriormente establecéronse novas rexións en Somalilandia:

Rexión Capital
Salal Zeila
Adal Borama
Gabiley Gabiley
Maroodi Jeex Hargeisa
Sahel Berbera
Odweyne Odweyne
Tug Dair Burao
Cayn Buuhoodle
Sarar Caynaba
Sol Las Anod
Sanag Erigavo
Maakhir Baran
Haud Baligubadle

O 22 de marzo de 2008, o presidente de Somalilandia Dahir Riyale Kahin, anunciou a creación de 6 novas rexións, oas súas respectivas capìtais.[3]

Evolución das rexións de Somalilandia.
Relamacións de fronteiras.

As 6 novas rexións:

Rexión Capital Rexión anexionada
Gabiley Gabiley Hargheisa
Baran Baran Sanag
Buhoodle Buhoodle Tug Dair
Salal Zeila Adal
Sarar Ainabo Sol
Odweyne Odweyne Tug Dair

Por outra parte, o presidente Riyale Kahin anunciou tamén a creación de 16 novos distritos:

Provincia Rexións da nova Provincia Rexión anexioanda
Haji Salax Odweyne Tug Dair
Kalabaydh Sol -
Wajale Gabile Hargheisa
Widh-widh Buhoodle Sol
Qorulugad Buhoodle Tug Dair
Go'Da Weyne Sahel -
Harasheekh Odweyne Tug Dair
Raydab Khatumo Odweyne Tug Dair
Garba Dardar Salal Adal
Boon Salal Adal
Harirad Salal Adal
Las Idle Sahel -
War Idad Sarar Sanag
Elal Sarar Tug Dair
War Imran Tug Dair -
Magalo Ad Adal -

Dúas rexións están en disputa entre Somalilandia e Puntlandia:

A capital e as outras cidades

[editar | editar a fonte]

As maiores cidades da República de Somalilandia son:

  1. "The Transitional Federal Charter of the Somali Republic" (PDF). University of Pretoria. 1 de febreiro de 2004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2010. Consultado o 21 de abril de 2017. 
  2. Somaliland Times: Conditional Recognition Sought For Somaliland By EU Party en somalilandtimes.net. Consultada o 19/08/2017.
  3. Leis Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en somalilandtimes.net. Consultada o 19/08/2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bradbury, Mark (2008): Becoming Somaliland. James Currey. ISBN 978-0-253-21997-8.
  • Michael Schoiswohl (2004): Status and (Human Rights) Obligations of Non-Recognized De Facto Regimes in International Law: The Case of 'Somaliland'. Leiden: Martinus Nijhoff. ISBN 90-04-13655-X.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]