Solidaridad (Vigo)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Solidaridad.
Solidaridad | |
---|---|
Localidade | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Solidaridad foi un periódico editado en Vigo entre 1899 e 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 1 de marzo de 1899 como órgano do comité socialista de Vigo.[1][2] Decenario, comezou aparecendo o 1, 10 e 20 de cada mes, baixo a dirección de Benito Teijo, e en 1901 converteuse en semanario, encargándose da dirección Enrique Heraclio Botana ata xullo de 1936, cando foi definitivamente suspendido. Entre os seus redactores figurou Narciso Goy e publicou colaboracións de José Hervés Hermo e debuxos de Tabarra. Sufriu multas e suspensións gobernativas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 559–560. ISBN 84-7231-494-4.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 356-357. ISBN 84-7492-489-8.