Sol Plaatje
Nome orixinal | (tn) Solomon Tshekisho Plaatje |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de outubro de 1876 Estado Livre de Orange (pt) |
Morte | 19 de xaneiro de 1932 (55 anos) Xohanesburgo, Suráfrica |
Causa da morte | pneumonía |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista, tradutor, escritor |
Partido político | Congreso Nacional Africano |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Solomon Tshekisho Plaatje, nado en Doornfontein o 9 de outubro de 1876 e finado en Xohanesburgo o 19 de xuño de 1932, foi un xornalista, lingüista, político, tradutor e escritor surafricano Plaatje foi un dos membros fundadores e primeiro secretario xeral do Congreso Nacional Nativo Surafricano (SANNC), despois denominado Congreso Nacional Africano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Plaatje naceu preto de Boshof no Estado Libre de Orange (agora Estado Libre, Suráfrica), o sexto de oito fillos. Seus pais Johannes e Martha eran da etnia tswana e de relixión cristiá que traballaban para misioneiros en diversos lugares de Suráfrica. Cando Solomon tiña catro anos, a familia trasladouse a Pniel preto de Kimberley na Colonia de Cabo para traballar para un misoneiro alemán, Ernst Westphal, e a súa muller Wilhelmine. Nesa misión recibiu a súa educación, Wilhelmine tamén lle deu leccións de piano, violín e de canto. En febreiro de 1892, con quince anos, converteuse en profesor axudante na misión e así estivo durante dous anos.
Despois de deixar a escola, marchou a Kimberley en 1894 onde traballou como mensaxeiro de telégrafos para a oficina de correos. Posteriormente pasou o exame para traballadores públicos, logrando as notas máis altas entre os examinados en neerlandés e tipografía.
Traballou como intérprete de tribunais para as autoridades británicas durante o asedio de Mafeking e mantivo un diario das súas experiencias que se publicou postumamente corenta anos despois da súa morte co título de Boer War Diary. Despois da guerra centrouse no xornalismo, asumiu o posto de editor en 1902 de Koranta ea Becoana, o primeiro semanario inglés-tswana fundado en 1901,[1] logrando mellorar a tirada de 500 a 2000 exemplares en poucos meses e aumentando a paxinación dunha páxina a oito, establecendo as súas propias oficinas e prelo, dándolle influencia política[2], logo cara a finais da década marchou a Kimberley e alí fundou Tsala ea Becoana que se converteu en Tsala ea Batho tempo despois.
Como activista e político pasou moito da súa vida loitando polo recoñecemento e liberación do pobo africano. Foi membro fundador e primeiro secretario xeral do do Congreso Nacional Nativo Surafricano (SANNC), que se convertería no Congreso Nacional Africano (ANC) dez anos despois. Como membro dunha delegación da SANNC viaxou a Inglaterra para protestar contra a lei de terras nativas de 1913. Cando a delegación volveu, Plaatje decidiu quedar e permaneceu en Gran Bretaña ata febreiro de 1917 en Gran Bretaña, e alí publicou un rebatemento da lei de terras Native Life in South Africa (1914) mais tamén Sechuana Proverbs and Their European Equivalents (1916) e Sechuana Phonetic Reader (1916) en colaboración con Daniel Jones. En 1919 volveu a Londres encabezando unha nova delegación que se reuniu co primeiro ministro Lloyd George[3]. Entre decembro de 1920 e finais de 1923 estivo no Canadá e nos Estados Unidos onde coñeceu a Marcus Garvey e W.E.B. Du Bois [4].
Plaatje foi o primeiro negro surafricano[5] en escribir unha novela en inglés, Mhudi, que escribiu en 1919, pero non se publicou ata 1930[6]. En 1928 o o escritor zulú, R. R. R. Dhlomo publicou unha novela de lingua inglesa, co título de An African Tragedy. Isto fai da novela de Dhlomo a primeira publicada en inglés dun autor negro surafricano. Traduciu Xulio César (Dikhontsho tsa bo-Juliuse Kesara) e The Comedy of Errors (Diphosho-phosho) de William Shakespeare ao tswana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Solomon Tshekisho Plaatje South Africa History Online
- ↑ Zubeida Jaffer e Sibusiso Tshabalala "Sol T Plaatje: Pariah In the Land of His Birth" The Journalist
- ↑ Brian William (1984) Sol Plaatje. South African Nationalist, 1876–1932. London: Heinemann Educational Books
- ↑ Laura Chrisman (2003) Postcolonial Contraventions: Cultural Readings of Race, Imperialism, and Transnationalism Manchester University Press, pp. 89 e ss.
- ↑ Gareth Cornwell, Dirk Klopper e Craig Mackenzie (2012) The Columbia Guide to South African Literature in English Since 1945Columbia University Press, pp. xi
- ↑ E a primeira versión íntegra publicouse en 1970: Sol Plaatje Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine. ZAR.co.za
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na web da presidencia de Suráfica (en inglés)